jueves 1 de octubre de 2009

O PSdeG-PSOE DE LALIN CONFIRMA AS SÚAS SOSPEITAS DE FAVORITISMO E DISCRIMINACIÓN NO PROCESO DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO


Pídenlle ao Concello de Lalín que explique porque rexeitou a máis dun centenar de persoas para traballar no obradoiro


29/09/2009.-Os socialistas de Lalín pensamos que tras as precarias e lamentables declaracións da edil de Comercio e Emprego, Fe Cortizo confirmase que desde o Concello de Lalín non soamente se rexeitaron a máis dun centenar de persoas, senón que ademais por riba segue sen explicar cales son os motivos polos que se lles falta ao respecto e consideran que todas esas persoas non están capacitadas para poder entrar a traballar no obradoiro de emprego.

Insisten os socialistas que varias persoas que acudiron as primeiras entrevistas lles manifestaron o seu malestar e a súa indignación porque despois de facer a entrevista se lles dixo que non eran aptas para entrar no obradoiro sen explicarlles o motivo, e o seu enfado foi aínda maior cando despois se enteraron de que o Concello de Lalín pedira aínda máis xente para entrevistar.

Para os socialistas é un auténtico escándalo que o Concello de Lalín partindo de 130 persoas sen traballo e na meirande dos casos con especiais dificultades económicas sexa incapaz de seleccionar a 26 persoas. Supoñemos que á xente lle resulta moi difícil de crer, que nos tempos en que estamos haxa 44 persoas que estando no paro, non estean interesadas nun contrato de traballo cun soldo digno durante 12 meses. Para os socialistas o que resulta máis grave é que se rexeite a máis dun centenar de persoas por un cuestionario ou unha entrevista subxectiva e pouco rigorosa, sen explicar que motivos se valoran para escoller a uns e para rexeitar a outros, e desde logo o que xa resulta intolerable e que con 130 persoas non se cubran todos os postos, e aínda se pida máis xente para entrevistar.

Sinalan os socialistas que este obradoiro de emprego xa foi aprobado pola anterior Xunta de Galicia para apoiar e axudar por igual a todos os parados e paradas de Lalín, e a xente xa hai tempo que tiña que estar traballando pero o seu inicio leva máis de tres meses de retraso por culpa da ineficiencia e mala xestión da actual Xunta de Galicia e agora para colmo de males, faise un proceso de selección dos traballadores escuro discriminatorio e arbitrario.


Por último pídenlle os socialistas ao Concello respecto por igual a todos os parados e paradas de Lalín e esíxenlle que dunha vez por todas explique aos cidadáns e sobre todo ao máis do centenar de persoas rexeitadas cales son os razóns polas que non as escolleron para o obradoiro, porque a xente de Lalín xa está moi farta dos chanchullos do Concello tratando sempre de favorecer e beneficiar aos seus amigos e coñecidos e prexudicando ao resto da xente que tamén ten dereito a vivir e traballar.

OS SOCIALISTAS LALINENSES DENUNCIAN ACTUACIÓNS ESTRAÑAS NA SELECCIÓN DOS PARTICIPANTES DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Esíxenlle ao Concello de Lalín explicacións dos criterios utilizados para seleccionar aos alumnos e alumnas do obradoiro de emprego

Pregúntanse os socialistas porque o Concello de Lalín despreza e rexeita as persoas xa entrevistadas, e porque pensa que as persoas que vai a entrevistar na vindeira semana son máis capacitadas cás outras, cando todas cumpren os requisitos.

Para os socialistas esta situación obrígaos a pensar que desde o Concello de Lalín se quere favorecer aos seus amigos e coñecidos danando os intereses do resto da xente.


26/09/09.-Desde o Partido Socialista compartimos a preocupación de moita xente que nos comenta que despois de facer a entrevista para entrar no obradoiro, foron rexeitados sen ningunha explicación, por iso esiximos ao Concello de Lalín que explique cales son os criterios e que cousas valoran para entrar no obradoiro de emprego.

Sinalan os socialistas que o Concello de Lalín terá que explicarlles as persoas xa entrevistadas e rexeitadas, porque as despreza, terá que explicarlles tamén porque as discrimina, e sobre todo terá que explicarlles porque non as considera capacitadas cando foron convocadas pola oficina de emprego, e polo tanto cumpren todos os requisitos esixidos pola lei para poder participar no obradoiro.

O pobo de Lalín non pode entender que despois de entrevistar a máis de 100 persoas capacitadas e idóneas non dean seleccionado a 26 persoas para entrar no obradoiro. Non se pode entender que o Concello despois de rexeitar a maioría da xente xa entrevistada agora pida máis para entrevistar, nin entenden porque pensa o Sr. Alcalde que van ser mellores e máis capacitadas que as que xa entrevistou, cando os requisitos os cumpren todos por igual. Por elo os socialistas pídenlle ao Concello de Lalín que explique esta enorme discriminación.

Este cúmulo de despropósitos e actuacións tan estrañas obriga aos socialistas a pensar que o rexeitamento e a falta de respecto a tantas persoas entrevistadas, e por riba a petición de máis xente para entrevistar, está motivado porque desde o Concello de Lalín queren meter aos seus amigos e coñecidos no obradoiro e mentres non lles envíen aos que eles queren meter seguiran rexeitando xente e pedindo máis. Xa que o Concello de Lalín lle esixe a todos o pagamento dos impostos e demais obrigas tributarias, desde o Partido Socialista esiximos ao Concello que respecte por igual o dereito de todos os parados e paradas de Lalín a entrar no obradoiro de emprego, e recordámoslle que imos a estar moi vixilantes neste tema e non imos permitir que se discrimine a ninguén nin imos deixar que se xogue cos intereses da xente para favorecer aos amigos e coñecidos.

O PSdeG-PSOE DE LALIN ACUSA A MANUEL FERNÁNDEZ DE TRATAR DE FACER MÉRITOS DIANTE DE FEIJOO A COSTA DOS GANDEIROS.

-Os socialistas acusan ao concelleiro de actividade agraria de Lalín de mirar para outro lado en vez de resolver os problemas dos gandeiros.
-Sinalan os socialistas ademais que Manuel Fernández foi o único presidente de cooperativa de toda España que fixo o ridículo firmando contratos por debaixo de 40 pesetas.


24/09/2009.-O Partido Socialista de Lalín considera que das declaracións feitas por Manuel Fernández, e que aparecen hoxe nos medios de comunicación só se pode desprende o interese do edil de Actividade Agraria do Concello de Lalín de tratar facer méritos diante de Feijoo aínda que sexa a costa de abandonar aos gandeiros a súa sorte.

Esta ansia de taparlle as vergoñas ao presidente da Xunta e ao conselleiro do Medio Rural está levando a Manuel Fernández a facer un exercicio de hipocrisía política descomunal, posto que se por algo se caracteriza o Goberno Galego e polo abandono e o total desinterese cara o noso sector leiteiro afirman os socialistas.

Sinala o concelleiro socialista Manuel Miguélez que Galicia ocupa o último posto das autonomías en axudas directas ao sector do leite, cando ten case o 60% da produción do Estado, tal vez por iso fala de Comunidades Autónomas en plural sen nomear Galicia. Sexa por descoñecemento ou pola súa habitual propensión á demagoxia, debería saber que mentres a Xunta de Feijoo destinou 20 millóns de euros ás explotacións outras comunidades como Castela e León, destinou 7 millóns cando ten a sexta parte de explotacións, ou Asturias que apenas chega á quinta parte do leite que nos producimos, recibiu 6 millóns de euros.

Para os socialistas resulta patética a actitude de Manuel Fernández, que por achegarse un pouco máis á mesa do xefe faga seguidismo da política de Feijoo de ser austero solo cos que máis necesitan o apoio da Xunta e de mirar para outro lado en vez de resolver os problemas da xente.

Finalmente Manuel Miguélez sinala, ao respecto da preocupación de Manuel Fernández polas cooperativas, que é moi comprensible xa que el foi o único presidente de cooperativa de toda España que fixo o ridículo firmando contratos por debaixo de 40 pesetas.

O PSDEG-PSOE DE LALÍN COLOCA UNHA PANCARTA PEDINDO A GRATUITADE DOS LIBROS DE TEXTO NO POLÍGONO LALÍN 2000.

Os socialistas lalinenses colocaron unha pancarta co lema “Gratuidade dos libros de texto. É de xustiza” á beira do Polígono Lalín 2000 como un acto máis de protesta polas políticas restritivas e antisociais da nova Xunta de Galicia, que parece ter a Educación como unha prioridade menor como mostran estas medidas ou outras como reducir o profesorado dos centros do rural, mesmo ameazando co peche dos mesmos como fixo o parlamentario e concelleiro lalinense Román Rodríguez

Escolleuse esta ubicación por considerar que “xa é un lugar utilizado para manifestar outras reivindicacións nas que todos coincidimos polo que estimamos que era un lugar axeitado e ben visible” sinalan membros da Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Lalín.

Os socialistas consideran que a rebaixa da peaxe “é unha necesidade para Lalín da que todo o mundo coñece o responsable: o PP, responsable tamén da discriminación educativa que supón a perda da gratuidade dos libros de texto”. Pero dende o PSOE local van aínda máis lonxe pois consideran que “os libros de texto gratuítos para os alumnos son un dereito dentro dunha educación obrigatoria e universal como se recolle na Constitución”. Para os socialistas cos 180€ de media que supón a adquisición de libros para cada neno , sabendo que si ten un pai mileurista non vai percibir as axudas supoñen unha pesada carga inesperada na volta a escola dos cativos e unha mostra da falta de sensibilidade social do PP

Dende o PSdeG-PSOE esperan que o alcalde lalinense Xosé Crespo dende o Concello de Lalín non dea orden de retirada da pancarta e teñan o mesmo trato que as outras que veñen de ser renovadas. Mesmo a concelleira socialista Marta Lázara se preocupou nun recente rogo ao grupo polo seu estado solicitando a súa reparación e que contribúan para manter ante a Xunta a reclamación da rebaixa da AP-53 .

Durante a colocación moitos dos que por alí pasaban pararon ou ralentizaron a marcha para ollar a nova pancarta, sinalr como anécdota que un camioneiro dende os eu camión berrou: “Iso que me devolva nos 500 Euros que gastei par aos meus fillos!”

O PSdeG-PSOE MANIFESTA A SÚA ALEGRÍA DE QUE POR FIN DONRAMIRO TEÑA UN CENTRO SOCIAL GRACIAS AOS INVESTIMENTOS DO GOBERNO CENTRAL.

- Crítican a concesión de obras a empresas de fora de Lalín, como no caso das rotondas ou o Pavillón.
- Lamentan que o único que a Crespo lle importe dun Centro Social “sexa unhas horribles liñas nun tellado”.

11/09/2009.-O PSdeG-PSOE de lalín manifestou a súa satisfacción porque Donramiro dispoña dun centro social “despois de tantos anos de espera”. Os socialistas sinalan que “para eles o emprazamento non é o mellor pois encaixona equipamentos deportivos” pero polo menos faise xustiza a esa parroquia.

Os socialistas lembran que os aproximadamente 400 mil euros que custou a infraestrutura “están custeados integramente polas arcas do estado a través do Plan E, polo que os lalinenses conseguimos unha infraestrura do Goberno Central sen custe algún para a difícil economía do noso Concello”.

Non comparten os socialistas “a falta de gusto estético á que xa nos ten afeitos o alcalde. Está máis preocupado pola súa absurda megalomanía e unhas feas liñas pintadas nun tellado que polo feito de ter un novo local social para o futuro que haberá que dotar de actividade.

Dende o PSOE lalinense botan en falta máis compromiso do Goberno Local coas empresas da zona e afirman “que menos mal que ista está feita por unha empresa de aquí, non como os 200 mil euros en rotondas de herba artifical que foron para Lugo ou o arranxo do Pavillón que foi outorgada a mesma empresa que fai o Lalín Arena e que tamén é foránea”. Os socialistas lalinenses pregúntanse “se Crespo non confía nas empresas de aquí, pois ben puideron ser feitas por xente de Lalín pero non lle dou a gana”.

OS SOCIALISTAS DEZANOS RECLÁMANLLE SERIEDADE E MEMORIA A CRESPO NAS SÚAS DECLARACIÓNS SOBRE INFRAESTRUTURAS.

- Sinalan que para a “cacareada” autovía Pontevedra- Lalín- Lugo non hai nada de nada salvo “un debuxo nun mapa”.
- Afirman que loitarán para que o apeadeiro en Donsión sexa estudiado polo Ministerio de Fomento de José Blanco.


11/09/2009.-Os socialistas reclamáronlle “memoria e seriedade” a Crespo nas súas intervencións sobre infraestruturas “pois parece que lle esquecen algúns detalles”. Dende o PSdeG-PSOE lembran que o alcalde éncheselle a boca ao falar de proximas infraestruturas e “aínda non arranxaron a desfeita de hai 9 anos cando puxeron a escandalosa peaxe de Lalín a Santiago que agora parece que non existe”. O voceiro socialista lamenta tamén como “o alcalde enganou a toda a vila de Lalín cando dicía loitar pola supresión da peaxe e agora confórmase con rebaixas para os usuarios frecuentes”. Pola contra pon o exemplo do bipartito “que uneu Lalín con Ourense sen peaxe e facilitou a saída cara Madrid, Vigo e Portugal”.

En canto a autovía Pontevedra- Lalín- Lugo dende o PSdeG-PSOE de Lalín sinalan que “non é máis que un debuxo propagandístico nun mapa sen datas nin cartos sobre a mesa”. Aller sinala que non se opoñerán a ningunha infraestrutura que mellore as comunicacións da vila, pero defenden a alternativa de autovía por Caldas, que “ademais de permitir unha saída directa ao Porto Natural de Lalín en Vilagarcía e moito máis ecolóxica pois non terá que desfacer a Serra do Candán nin parroquias xa moi castigadas como Vilatuxe ou Botos”.

Apeadeiro do TAV en Donsión

Os socialistas por outra banda din coincidir plenamente coa idea de conseguir un apeadeiro na liña do TAV en Donsión. Os socialistas explican que o ADIF será o dono da liña pero outras operadoras poderán dar servizos a través desa liña sin ter que ser necesariamente o AVE, “polo que pode haber certa viabilidade técnica”. Dende o PSdeG-PSOE de Lalín afirman “que traballarán sen descanso para que se estude a posibilidade que sería un grande avance para as comunicacións da vila”.

O PSOE lalinense está convencido de que Fomento “da man de José Blanco que está demostrando unha grande sensibilidade polas inquedanzas da Comarca do Deza, vaise implicar no proxecto e aí estaremos os socialistas de Lalín para lembrarllo. González Aller sinalou que o TAV “é un dos motores da comarca nestes momentos, e a pesares das dificultades que houbo no seu momento, non hai que esquecer que se teñen investido no Deza uns 200 millóns de euros nesta infraestrutura”

OS SOCIALISTAS SINALAN QUE ROMÁN RODRIGUEZ NON TEN VERGOÑA POLAS SÚAS MANIFESTACIÓNS SOBRE OS LIBROS DE TEXTO.

- Aos socialistas de Lalín gustaríalles saber a opinión de Rodríguez polo agrupamento nunha soa aula dos 17 nenos de infantil do colexio de Vilatuxe con recorte de 2 profesores incluído e de outros 2 en Cercio.
- Dende o PSdeG-PSOE de Lalín pregúntanlle ao parlamentario popular se gañar 1100 euros ao mes é ser rico.
- Acusan ao Goberno local de colaborar no ocultamento do deterioro da calidade do ensino público en Lalín.


09/09/2009.-Os socialistas lalinenses non saen dos seu asombro polas desafortunadas declaracións do concelleiro lalinense do PP Román Rodríguez en relación a desaparición da gratuidade dos libros de texto que aprobara o PSdeG-PSOE na pasada lexislatura. O parlamentario popular manifestou que o anterior sistema beneficiaba aos ricos porque era igual para todos, sabendo que a partir de agora pola nova norma introducida polo PP unha parella cun fillo que gañe en total 1170 euros brutos ao mes quedara sen axudas para os libros de texto. A concelleira socialista Marta Lázara pregúntase se para Román Rodríguez unha familia con fillos que ten pouco máis de 1000 euros brutos ao mes é unha familia rica, “entón que será o que gaña uns 4000 e demostra unha gran falta de solidariedade”. “Nos vindeiros días imos ver como gran parte das familias de Lalín van ter que pagar eses libros, entre eles votantes do PP, a ver que argumenta o Sr. Rodríguez daquela”, remata Marta Lázara

Para os socialistas a desorientación e descoñecemento de Rodríguez da política educativa vai adquirindo niveis alarmantes pois hai uns meses “afirmou o que de verdade pensa o PP: que os colexios do rural estaban abocados ao peche, en relación a Cercio, Vilatuxe e Prado” e agora sae “con esta absurda e irreal apelación á loita de clases “ que mesmo provocou estupefacción na súa recente intervención no Parlamento de Galicia “tanto nas bancadas da oposición como nas propias do Grupo Popular”.

Marta Lázara sinala que Román Rodríguez como parlamentario do PP debería saber que o ensino gratuíto é un dereito universal, sen diferenzas por niveis de renda ao igual que a Sanidade, que ven recoñecido na Constitución como tal e “os socialistas pensamos que os libros de texto son parte esencial no desenvolvemento dese dereito”. Ao igual que cando un vai a un Hospital non ten que pagar as medicinas que lle administran, os libros de texto como parte esencial do proceso educativo non deberían ser pagados polos pais. Este é un dereito xa fora conquistado en Galicia e que agora o PP vai desfacer”.

Perda de calidade educativa

Os socialistas sinalan que os primeiros sinais da perda de calidade educativa xa empezan a notarse en Lalín e sinalan como indignante o calvario do neno de Prado ó que non querían escolarizar debido a falta dun coidador específico e que van a resolver so despois da denuncia pública do caso.
Dende o PSdeG-PSOE sinálase que os problemas creados non rematan aí pois tamén está a “supresión de 2 profesores en Cercio e 2 en Vilatuxe onde resulta absolutamente sangrante o agrupamento de 17 nenos e nenas de infantil nun so grupo o que vai incluso en contra do acordo asinado cos sindicatos; mírese por onde se mire o PP está desfacendo o que tanto custou construír entre todos”.

Os socialistas lalinenses aseguran que o PP local e cómplice no ocultamento desta perda de calidade educativa que xa se está evidenciando “pois eles non cren no ensino público gratuíto e favorecen ao privado, mentres aos centros públicos se lles está pedindo que aforren en auga e calefacción auméntase o convenio dos centros privados en 3 millóns de euros para este curso; esta é a educación que quere o PP, nin gratuíta nin universal” afirman os socialistas.

O PSdeG-PSOE DE LALÍN RECLÁMALLE AO GOBERNO LOCAL QUE AS VIVENDAS PARA A XENTE NOVA SE POÑAN XA A DISPOSICIÓN DOS BENEFICIARIOS.

- Consideran que todo o proceso é unha das máis grandes chapuzas do Goberno de Crespo
- Cren que o Concello de Lalín mantén un trato de favor co cargo popular Conde Roa propietario da promotora Geslander.

09/09/09.-Manuel González Aller considera que a situación dos beneficiarios das vivendas sociais do Regueiriño é intolerable e que o Concello debe deixar “de mirar para outro lado e poñerse a traballar para que os veciños de Lalín damnificados reciban aquilo polo que pagaron”. Aller lembra que as vivendas están construídas nun solar de propiedade municipal e que algo terá que facer o Concello para velar polo interese dos lalinenses e non despreocuparse do tema, “pois hai moita xente que xa pagou unha parte e teñen que vivir de aluguer, polo que están soportando unhas cargas inaceptables pola ineficacia do Concello de Lalín e máis particularmente do edil e parlamentario Román Rodríguez”

González Aller sinala que é insólito que nove meses despois da aprobación da licenza de primeira ocupación o edificio siga sen luz porque a empresa non queira pagarlle a Fenosa ou teña problemas nos accesos aos garaxes, “isto non é habitual nas empresas promotoras de Lalín que xa terían dado os servizos, pero a xente xa coñece a quen se lle adxudicou a obra” manifestou o voceiro socialista en relación á empresa Geslander do destacado cargo do PP Conde Roa. Para os socialistas parece claro que a esa empresa se lle está tratando con máis deferencia do habitual por ser de quen é, “e mesmo non parecen escarmentados pois é ben sabido que Conde Roa ten por costume non pagar” como fixo en Santiago nas vivendas sociais que promoveu, nese Concello aínda están a esperar que pague os impostos correspondentes ás obras levadas a cabo.

Por outra banda os socialistas destacan que todo o proceso de construción destas vivendas é unha das máis grandes chapuzas do Goberno de Crespo e demostra a súa incapacidade para xestionar problemas como o da vivenda. “Para unha vez que fan unhas vivendas sociais logran facelo rematadamente mal: primeiro ceden unha parcela sen os servizos mínimos, despois a obra demóstrase de moi baixa calidade como calquera pode observar o pasear polo Regueiriño e por último non se entregan as vivendas a quen as ten adxudicadas, pódese facer peor?” pregúntase o voceiro do Grupo Municipal Socialista de Lalín.

Dende o PSdeG-PSOE afirman que continuarán reclamando a entrega das vivendas e seguirán a facer preguntas e pedir comparecencias de Crespo e Rodríguez, os responsables, a pesar de que o equipo de Goberno non queira contestar como fixeron no pasado Pleno Municipal.

RESPOSTA AS DECLARACIONS DE ROMAN RODRIGUEZ SOBRE O CESE DO DIRECTOR DA OFICINA DE EMPREGO EN LALIN

-Que o recoñecemento expreso do Sr. Román Rodríguez de que o cesamento do Director da Oficina de Emprego de Lalín foi unicamente por motivos políticos.
-Que a designación da muller de Román Rodríguez nun cargo de especial responsabilidade proba a non existencia de criterios políticos na anterior Consellería de Traballo.
-Preguntámonos que estraños intereses se esconden detrás das declaracións do Partido Popular de Lalín neste tema.

1º.-O Partido Socialista de Lalín considera que as declaración do Sr. Román Rodríguez nas que recoñece que o cesamento do Director da Oficina de Emprego de Lalín debese a motivos exclusivamente políticos sen valorar en ningún momento o seu traballo eficaz, pon de manifesto que ao Partido Popular non lle importa que os funcionarios fagan unha boa labor e que os cidadáns e neste caso os demandantes de emprego reciban un servizo público de calidade.

2º.-Tamén queremos rexeitar contundentemente a súa afirmación de que o nomeamento do Director se debeu a súa vinculación co PSOE e coa UGT é proba disto é que ao igual que o Conselleiro Ricardo Varela nomeou ao Director da Oficina de Emprego de Lalín (nivel 25) tamén mantivo traballando no seu departamento á muller do Sr. Román Rodríguez no posto de Xefa de Servizo de Administración e Persoal (nivel 28), a pesar de que non é sospeitosa de ningunha vinculación co PSOE ou a UGT, e todo isto sucedeu mentres o seu marido o Sr. Román Rodríguez facía unhas críticas feroces á propia Consellería de Traballo pola compra do novo local da Oficina de Emprego.
E no caso dos dous funcionarios estamos seguros que ocuparon os seus postos pola súa valía profesional, capacidade e eficacia, sen ter en conta a súa ideoloxía o que demostra a distinta forma de entender a democracia entre o PSOE e o PP.
3º.-O Partido Socialista preguntase que intereses ocultos ten o PP de Lalín para irromper de xeito sorpresivo neste asunto, cando nós soamente criticamos á Conselleira de Traballo por achegarse a tódalas dependencias da Consellería menos á Oficina de Emprego desprezando desta maneira a tódolos desempregados da Comarca, sen preocuparse por saber se están ben atendidos e non conforme con ese desplante toma a decisión arbitraria e agora xa confirmada de interese exclusivamente partidista de cesar ao seu Director que xunto co resto do persoal da Oficina estaban a realizar un traballo óptimo en beneficio dos parados, avalado polo recoñecemento dos axentes socias, entidades locais e dos propios desempregados.

OS SOCIALISTAS LALINENSES ACUSAN Á CONSELLEIRA DE TRABALLO DE DESFACER O BO E DESPREOCUPARSE DOS PARADOS DO DEZA.

- Sinalan que o cese do Director da Oficina de Emprego e unha manobra política inxustificada
- Lamentan que a Conselleira visitase Lalín en xullo e non se preocupase pola situación dos desempregados do Deza.
- Os socialistas entenden que esta é unha proba máis dos “chanchullos laborais do PP”.

29/08/2009.-Os socialistas lalinenses manifestaron o seu total desacordo coa forma de proceder da actual Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, en relación ao cese do Director da Oficina de Emprego Comarcal. Dende o PSdeG-PSOE local manifestaron o seu total desacordo coa devandita medida “pois nestes anos demostrouse que esa oficina pública traballou de xeito satisfactorio e co recoñecemento dos axentes sociais e de todos aqueles que precisaron dos seus servizos”. Os socialistas non reparan en acusar á Conselleira de preparar unha manobra política para favorecer ao PP sen ter en conta o funcionamento da oficina.

Para PSOE lalinense está moi claro o desinterese da Conselleira polas políticas de emprego en Lalín e a asistencia aos desempregados,” pois visitou a nosa vila o pasado 17 de xullo e nin se dignou a achegarse ata a Oficina Comarcal para coñecer de primeira man os avatares dos parados da Comarca do Deza”. Se quería tomar represalias polo menos debería facelo con valentía e “achegarse aos servizos públicos de emprego de Lalín e comprobar in situ o seu funcionamento antes de tomar decisións que non deberían ser políticas se non cinguidas á valoración do servizo aos cidadáns, ao non facelo demostra a indignidade dos seus actos” sinalan dende o PSdeG-PSOE local.

Os socialistas entroncan esta actitude da Conselleira Beatriz Mato coa actitude “chanchulleira” dos novos cargos do PP na Consellería de Traballo coa Directora Xeral de Formación e Colocación-, Ana María Diaz “cunha sentencia xudicial firme por ter xente traballando sen contrato e sen dar de alta na Seguridade Social”. Para os socialistas lalinenses a nova política do PP en Traballo vai ser “un cancro para os traballadores e parados pois semella que meteron aos raposos no galiñeiro”

CONTESTACION AS DECLARACIONS DE ROMAN RODRIGUEZ SOBRE A INICIATIVA DA ANPA DE CERCIO PARA CAPTAR ALUMNOS, OS SOCIALISTAS MANIFESTAN:


1.Que agradecemos que o goberno local se sume agora á iniciativa da ANPA de Cercio, pero cabe destacar que unha vez máis chegan tarde, mal, e arrastras. Xa que se perdeu un tempo precioso, pois se o PP houbese reaccionado a tempo, posiblemente o colexio de Cercio non perdería a unidade que perdeu nin os dous profesores, (sendo un deles o especialista en pedagoxía terapéutica, vital para aqueles alumnos con problemas de aprendizaxe).

2.Que o Sr. Román Rodríguez é un mentireiro compulsivo. Minte ao dicir que a proposta socialista presentada no Pleno que maio partía da imposición (adxuntáse a moción). Minte como mentiu cando dixo que non dixera “que era absurdo trasladar a alumnos da periferia de Lalín aos centros rurais, que estes centros estaban condenados ao peche, como pasou coas unitarias” (artigo da Voz de Galicia do 22 de maio de 2009) Quedando claro polo tanto unha vez máis que as políticas do Partido Popular baséanse nas mentiras e as descalificacións.

3.Esperamos, pois vai sendo horas, que o goberno local se poña a traballar xa e en serio, para tratar de resolver esta problemática, prestándolle toda a axuda e colaboración ás ANPAS e aos pais dos alumnos que así o soliciten.

jueves 30 de julio de 2009

OS SOCIALISTAS ACUSAN AO PP DE NON QUERER FACER NADA POLA SANIDADE DE LALÍN POR UNHA DECISIÓN POLÍTICA.

- O PSdeG-PSOE denuncia as mentiras de Sanidade e Román Rodríguez pois hai un Plan Funcional do CHUS aprobado e vixente polo de agora.
- Lembran que so hai 2 días Crespo insinuou non mellorar a sanidade pública, para favorecer a un centro privado


24/07/2009.-O PSdeG-PSOE mostrou a súa indignación ante as mentiras verquidas pola Consellería de Sanidade e o parlamentario Román Rodríguez en relación ao Centro de Alta Resolución e lembran que está contemplado no Plan Funcional do CHUS, que está vixente mentres o PP non aprobe outro e que é un documento elaborado concienzudamente durante dous anos polos profesionais do Hospital para planear o seu desenvolvemento”. González Aller sinalou que os Plans Funcionais dos hospitais son o documento de futuro da atención especializada dun área sanitaria e pídelle ao PP que non minta “pois mesmo unha concelleira dese grupo acudiu á súa presentación e tanto a ela coma ao alcalde lles foi entregado todo o estudio ao detalle: especialidades, número de consultas, probas diagnósticas, mesmo sabían os m2 dos aseos”, pero nótase que “Román Rodríguez non ten nin idea de política sanitaria, realmente é unha calamidade neste eido”

Os socialistas atribúen a unha decisión política o feito de non facer investimentos en Lalín e sinalan que “o que si é seguro é que de seguir o bipartito si se faría, pero agora tócalle ao PP e non o fan”. Dende o PSdeG-PSOE reclámanlle ao PP que diga a verdade pois están no goberno da Xunta “e de non haber un can para facer nada de súpeto lles apareceron 1100 millóns para facer cousas e decidiron investir 200 para un novo Hospital en Vigo, por que non reclama Román Rodríguez o que lle corresponde a Lalín e se fai o CAR, con 3 ou 4 millóns para empezalo chegaba”. É evidente a estratexia do PP de non querer facer nada do comprometido polo bipartito en Lalín segundo manifestan os socialistas, pois “Crespo e Román saben que había vontade política para facer o CAR, pero tamén coñecen que antes de firmar un convenio para facelo non se libera presuposto. A vontade é importante, agora goberna o PP e está visto que non a teñen”

O PSdeG-PSOE acusa ao PP de facer marxinación sanitaria da poboación lalinense “nos 16 anos anteriores adicáronse a quitar servizos na comarca e parece que nestes vindeiros 4 anos non prevén facer xustiza”. Os socialistas sinalaron que polo menos nestes anos o Ambulatorio creceu en servizos (Fisioterapia tarde, consulta de alta resolución de Cardioloxía, unha nova zona de Rehabilitación, melloras en Psiquiatría, Asistente Social no centro, Sintrom dixital...) e para os socialistas a construción do CAR constituiría unha solución definitiva para os vindeiros 20 anos.





Ao PSdeG-PSOE preocúpalle a decisión do PP de facer estudios sobre o hospital que logo so valen para tirar cartos “como a bazofia de documento que presentaron hai 2 anos e que custou 2 millóns de pesetas a todos os lalinenses”. Os socialistas cren que esta estratexia so busca gañar tempo para non facer nada logo e sospeitan polas recentes declaracións de Crespo na apertura dun Centro Privado en Lalín que o alcalde pretende que ese sexa o centro de referencia da Sanidade pública en Lalín, privatizándoa de xeito encuberto. Dende o PSdeG-PSOE lalinense sinalan que a sanidade privada ten os seus pacientes e o seu lugar no sistema sanitario de complementariedade (seguros privados, accidentes laborais ou de tráfico),”pero non permitiremos que o PP substitúa os dereitos dos cidadán de Lalín e nos faga veciños de segunda tratando de desviar os pacientes que terían que ser atendidos no CHUS ás recentes instalacións da Rosaleda en Lalín”.

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA A RECOLLIDA DE ROUPA USADA.

Os expertos sosteñen que cada persoa tira aproximadamente 7 kilos de roupa ao ano. O destino da roupa que a xente non se pon, que xa non gusta ou que está rota ou gastada normalmente é para o lixo, pero pode ser de aproveito para outros colectivos.
Máis de 300.000 toneladas de roupa usada, moita en perfecto estado, acaban cada ano no lixo ou en colectores para a roupa. Esta importante cifra é so unha parte dos residuos de orixe téxtil -outra procede da industria- que se xeran en España e que supoñen case o 4% do total dos desfeitos que teñen orixe doméstico, segundo estimacións do Ministerio de Medio Ambiente.
O citado 4% tende a medrar xa que cada vez compramos máis prendas de vestir e as utilizamos durante menos tempo, aínda que tamén é maior a concienciación sobre a necesidade de reciclala.
Recentemente creouse o Plan Nacional Integrado de Residuos (PNIR) 2008-2015 do Ministerio de Medio Ambiente, que prevé unha dotación de colectores para a recollida selectiva de roupa vella na proporción de polo menos un por cada tres mil habitantes.
Os Concellos non teñen, de momento, a obrigación de recoller os residuos téxtiles, pero moitos subscriben acordos con ONG e outras organizacións para que poidan instalar nas rúas colectores nos que depositar a roupa usada.
En Galicia, ó igual que na maioría do territorio español, a principal organización que se ocupa da recollida e tratamento da roupa usada é a ONG Humana. Esta organización encárgase da instalación e mantemento dos colectores, gastos de recollida da roupa, os cambios de situación que se poidan acordar para mellorar o servizo e o bo aspecto dos mesmos, e todos aqueles servizos necesarios para unha adecuada recollida da roupa usada. Por exemplo, o ano pasado, nos tres mil colectores que Humana ten repartidos en seis comunidades autónomas -Madrid, Cataluña, Valencia, Andalucía, Galicia e Asturias- recolleron 13.242 toneladas de roupa, das cales 5.300 foron clasificadas nas centrais de Cataluña e Granada,e as 8.000 restantes, inútiles para o seu uso comercial, por mal estado ou outras razóns, foron vendidas a empresas de reciclado. O 15% da roupa clasificada púsoxe á venta nas tendas que Humana ten en Barcelona, Madrid e Granada, e o 50% foi enviada a África, a países como Angola e Mozambique, onde a organización asegura desenvolver proxectos humanitarios.
En Lalín, actualmente existen dous colectores para a recollida de roupa usada de Humana, a colocación destes colectores foi promovida pola Administración do Centro Comercial de Eroski, de aí a súa situación nas dependencias do complexo, situación que non propicia aos veciños a reciclaxe da roupa, pois tristemente, a comodidade da proximidade de colectores de reciclaxe, sexa cal sexa o material a reciclar, é fundamental para os veciños.
A colocación dun número determinado de colectores especialmente adaptados e deseñados para recoller roupa usada en Lalín e distribuídos por puntos estratéxicos do casco urbano, permitiría ofrecer aos veciños a posibilidade de doar a súa roupa a unha organización sen ánimo de lucro e con obxectivos claramente humanitarios e solidarios, representando tamén un claro beneficio para a recollida selectiva de residuos urbanos.


Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista propón ó Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:


1-Que o concello de Lalín asine un convenio coa ONG Humana co fin de por en funcionamento un servizo público de recollida selectiva de roupa usada, instalando un determinado número de colectores en distintos puntos estratéxicos do casco urbano.

2-Que se inicie unha serie de campañas de sensibilización co fin de que os veciños coñezan en qué consiste esta iniciativa de recollida de roupa.

ROGO

Recentemente , o novo concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Brea, declaraba na prensa a súa satisfacción pola boa acollida dos minipuntos limpos polos veciños de Lalín declarando que ditos colectores supoñen un acicate para seguir fomentando o reciclaxe.
A noticia recollía información sobre o número de artigos recollidos, 6.125 unidades, en pouco máis de dous meses, o que representa unha gran satisfacción para o Grupo Socialista, pois a posta en marcha de este sistema de recollida de Minipuntos Limpos foi unha proposta feita por este grupo en setembro do pasado ano.
Como novidade, a empresa encargada da posta en marcha deste servizo, Blipvert, está comezando coa produción de novos soportes con boca lateral especial, para facilitar o acceso a este sistema de persoas discapacitadas e de nenos, pois os minipuntos limpos dos que dispoñen actualmente teñen as ranuras demasiado altas, polo que os nenos/as e as persoas discapacitadas ven reducido o seu acceso. Nesta boca lateral recolleríanse toda a variedade de residuos do minipunto limpo e posteriormente serían clasificadas polos operarios da empresa para darlles a saída máis adecuada.


Polo anteriormente exposto o Grupo Municipal Socialista propón ao Pleno o seguinte ROGO:

-Que o Concello de Lalín se poña en contacto coa empresa Blipvert, para que esta instale dous Minipuntos Limpos máis coa apertura lateral para facilitar o acceso ás persoas discapacitadas e aos nenos e nenas a este tipo de colectores de nova fabricación.

OS SOCIALISTAS LALINENSES ACUSAN A CRESPO DE DEIXAR PASAR OPORTUNIDADES PARA ARRANXAR O PAZO DE LIÑARES.

- Sinalan que a Comisión Mixta do 1% reuniuse hai uns días e faltaba o informe de BIC da Xunta de Galicia.
- Esíxenlle que é necesario clarificar os usos do edificio
.

15/07/2009.-Os socialistas lalinenses lamentan que se estean deixando pasar oportunidades de arranxar o Pazo de Liñares por parte do alcalde de Lalín. González Aller sinala que “o alcalde vai a Madrid pero non conta toda a verdade, xa que hai poucos días que se reuniu a Comisión Mixta do 1% de investimento cultural e faltaban documentos no proxecto de Lalín”.

Para os socialistas esta é unha nova proba da inoperancia do goberno local para cumprir o pactado e Aller lembra “que chegamos ao acordo de que nós comprometiamos a acadar o apoio do Ministerio de Cultura, algo que xa está feito e agora tócalle o turno ao alcalde que deixa pasar as oportunidades”.

Os socialistas atacan directamente á nova Xunta de Galicia que “moito presumiu por boca de Román Rodríguez de aprobar a declaración de BIC pero na reunión que houbo hai poucos días da Comisión Mixta non apareceu o documento xustificativo polo que o proxecto de Lalín non puido ser considerado”.

Aller sinala que “coñeciamos hai algúns días o sucedido pero a visita do alcalde tratando de distraer e enganar pedíndolle cousas a Fomento cando a Xunta non cumpriu coa súa parte fíxonos denunciar a actitude do PP, de reclamar en Madrid o que non é capaz de facer aquí”.

Por último dende o PSdeG-PSOE lalinense lémbranlle ao alcalde que “é preciso clarificar a que se quere dedicar o edificio, nos xa apostamos por un marcado acento cultural co Museo dos Pazos de Galicia, pero temos que dicirlle ao alcalde que non conte con nos para facer un Museo do Porco nun dos máis sinalados Pazos da nosa terra”.

O PSdeG-PSOE DE LALÍN ACUSA A CRESPO DE “FALSEAR A VERDADE ” E LEMBRA QUE O ARRANXO DA PO-533 XA ESTABA PREVISTO E PRESUPOSTADO POLO BIPARTITO

- Os socialistas cren que a aprobación do gasto demostra que o proxecto xa estaba listo para adxudicar.
- Reclámanlle á Xunta que sexa máis ambiciosa e a transforme nunha vía de alta capacidade coa inclusión variante de Rodeiro que estaba no Plan de Estradas da anterior Consellería dirixida por María José Caride.


10/07/2009.-Os socialistas lalinenses arremeteron contra as recentes descualificacións do alcalde de Lalín , Xosé Crespo, acusandóo de “non dicir máis que falsidades por oportunismo político coa complicidade do Conselleiro ´chanchulleiro´ Agustín Hernández”.

Dende o PSdeG-PSOE lalinense o seu voceiro , Manuel González Aller sinala que Crespo está mentindo con descaro porque saben “que esa obra estaba xa prevista e presupostada para o 2009 pola Consellería que dirixía María José Caride co mesmo proxecto e a mesma cantidade de 5,2M de euros”. Para Aller os “feitos o demostran , pois que se faga a licitación aclara que o proxecto xa estaba presupostado, pois se non é imposible que se autorice o gasto”.

Aos socialistas lalinenses non lles estrana a “baixeza política do PP” que tan ben representan Crespo e o Conselleiro de Política Territorial “o home baixo sospeita que resposta ao nome de Agustín Hernández”.

Os socialistas ademais sinalan a falta de ambición do rexedor lalinense Xosé Crespo pois xa no anterior Plan de Estradas de Galicia estaba prevista darlle condicións de Alta Capacidade a esa vía e podíase aproveitar esta ocasión. Aller lembra que “a actual Xunta nun principio dicía que non tiña un peso e agora presumen de que hai 1100 millóns para gastar, pois que destinen unha parte a mellorar as prestacións deste vial e fagan a variante de Rodeiro que melloraría moito a circulación”, “se non o fan é por falta de vontade política pois agora seica sí teñen cartos ou polo menos presumen deso”.

jueves 2 de julio de 2009

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

O Partido Socialista lamenta que o proxecto da finca da recría de novillas non lograra saír adiante, posiblemente porque nin era o momento nin as condicións as mellores para tomar riscos por parte de Xuncoga nesta situación de crise do sector.

Por outra parte está claro que un dos que puxo en marcha o proxecto, o Sr. Manuel Fernández, non o fixo co realismo debido e parte das cooperativas socias xa o advertiron no seu día. Non se pode impoñer un criterio por riba do interese xeral do total dos cooperativistas, sobre todo cando o risco que supón respaldar dito proxecto non é igual para todos os socios.

E ante o lamentable espectáculo que está dando estes días na prensa o concelleiro de Actividade e Producción Agraria en relación a este asunto, é polo que, o Grupo Municipal Socialista, SOLICITA do Pleno a adopción do seguinte ACORDO:



Comparecencia do concelleiro delegado de Actividade e Produción Agraria, Manuel Fernández perante o Pleno para que explique os motivos da perda do proxecto da finca de recría de novillas e para responder ás preguntas que se lle formulen ao respecto.

NOTA DE PRENSA

OS SOCIALISTAS LALINENSES LAMENTAN O FRACASO DA FINCA DE RECRÍA EN MOURISCADE.

-Os socialistas lalinenses analizaron a situación creada tras o recente fracaso do alcalde Xosé Crespo e o edil Manuel Fernández para levar a cabo a finca de recría en Mouriscade.

Dende o PSdeG-PSOE lamentaron que a iniciativa non lograra saír adiante pero consideran que “nin era o momento nin as condicións as mellores para tomar riscos por parte de Xuncoga nesta situación de crise do sector”. O concelleiro socialista Manuel Miguélez considera que “algún dos que puxo en marcha o proxecto non o levaba co realismo debido e parte das cooperativas socias xa o advertiran”.

Os socialistas acusan ao PP de querer impoñer un criterio por riba do interese xeral do total dos cooperativistas e sinalan que un mal cálculo neste asunto “podería levar a Xuncoga a unha situación económica moi comprometida”. Miguélez atopa analoxías na estratexia do alcalde neste caso coa súa política no Concello de Lalín :”facer proxectos faraónicos que hipotequen o futuro como o Concello ou o Lalín Arena, menos mal que os gandeiros foron realistas e haberá que esperar a atopar mellores condicións”.

Os socialistas entenden que sobre Xuncoga “pende o lastre da sanción do anterior Goberno da Xunta do PP que dificulta o desenvolvemento de novos investimentos por parte da Cooperativa e ante esa ameaza a maioría das cooperativas que compoñen Xuncoga decidiron non arriscar”.

NOTA DE PRENSA

OS SOCIALISTAS LALINENSES DENUNCIAN OS INEXPLICABLES RETRASOS PARA A ENTREGA DAS VIVENDAS DE GESLANDER.

- González Aller sinala que hai xente pagando aluguer dende hai meses e seguen sen recibir os pisos.
- Lembran que esta promoción foi adxudicada polo Concello ao voceiro do PP en Santiago, Conde Roa, que non paga os impostos municipais.

20/06/2009.-Os socialistas lalinenses denuncian a situación das vivendas para xóvenes que semellan rematadas pero acumulan importantes retrasos para a súa entrega aos propietarios. Dende o PSdeG-PSOE fanse eco das demandas de mozos e mozas que teñen que pagar un aluguer mentras esperan a entrega definitiva da súa vivenda ou mesmo teñen que esperar para independizarse , ademais de ter xa entregado uns cartos do seu peto sen ver polo de agora ningunha solución.

Para González Aller e Donsión, concelleiros lalinenses do PSdeG-PSOE, o “folletín” destas vivendas “é un auténtico cúmulo de despropósitos e mostra claramente o que entenden dende o PP por vivendas sociais: unha arquitectura de ínfima calidade que chama a atención, propio dun urbanismo diferenciador de clases sociais, cun edificio feo, mal rematado e que non resiste a comparación cos do resto do entorno do Regueiriño”. Para os socialistas a pouca importancia que lle dan a vivenda protexida dende o PP quedou reflexada ademais hai dúas semanas ,xa que suspendeuse pola nova Xunta un proxecto para dotar a Lalín de novas vivendas a prezos asequibles na zona de Donramiro.

Dende o PSdeG-PSOE lémbrase que o edificio foi adxudicado polo Concello para a construción de vivendas para xóvenes nun proceso “moi escuro” e que beneficiou á empresa Geslander por riba doutras de Lalín que “polo visto terían aportado sen dúbida máis calidade”. Compre sinalar que a empresa Geslander é propiedade do líder do PP compostelán Conde Roa, famoso por ter levado a cabo outras promocións desta índole “e non ter pagado tan siquera os correspondentes impostos municipais alí onde é candidato do PP, polo que dubidamos moito que os pagara en Lalín”. Os concelleiros socialistas sinalan que están a requerir información para tratar de averiguar se dende o Concello de Lalín se lle está dando un trato de favor en canto ao pago dos impostos municipais.

Finalmente Aller e Donsión esixíranlle a Crespo que explique por qué as vivendas aínda non están entregadas aos beneficiarios e cando está previsto que as reciban para que os mozos poidan planificar o seu futuro.

NOTA DE PRENSA

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOLICITA A COMPARECENCIA DO ALCALDE PARA COÑECER O ESTADO DOS TRABALLOS DO PXOM.

- Os socialistas lalinenses denuncian parálise, escurantismo e inoperancia do Goberno Local neste asunto.

18/06/2009.-Os concelleiros socialistas Manuel G. Aller e Francisco P. Donsión levarán a adaptación do PXOM lalinense á Lei do Solo para coñecer o estado actual dos traballos.

Os socialistas denuncian que non houbo ,que se soubera, ningún avance nos supostos traballos de adaptación e que despois de 4 anos a Comisión de Seguimento segue sen reunirse para o tratamento dun aspecto vital para o desenvolvemento dos núcleos rurais da nosa vila.

Esta actitude e inoperancia do grupo popular mostran unha clara parálise do departamento de Urbanismo e ademais levantan a sospeita de que se está a traballar con escurantismo e non coa debida transparencia nun asunto de gran importancia para os veciños e veciñas de Lalín, que están pagando uns traballos que non rematan de ver a luz

Dende o Grupo Municipal Socialista tamén se quere remarcar que “a pesares das auto-loubanzas que se bota o alcalde pola aprobación do PXOM no ano 1999, o certo é que hoxe o Concello de Lalín está empezando a quedarse desfasado en materia urbanística en relación con aqueles concellos que sí adaptaron o seu plan ou que redactaron plans novos” . Rematan sinalando “que Crespo xa non debía sacar peito se non que debe poñerse a traballar pois agora mesmo esta desidia por parte do alcalde é inaceptable para os intereses xerais da nosa vila”

martes 23 de junio de 2009

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA ACOMETER UN ESTUDO DE VIABILIDADE PARA A POSTA EN MARCHA DUN BIBLIOBUS

MOCIÓN

O bibliobús é un servizo bibliotecario incluído nunha unidade administrativa que, mediante unha colección organizada e procesada de documentos, xestionada por persoal capacitado e suficiente, coa axuda de medios técnicos e materiais precisos e o apoio da base central da que procede, válese dun medio de transporte, de tracción propia ou remolcado, para acceder fisicamente, de forma planificada, predeterminada, periódica e publicitada, a lugares ou grupos sociais alleos a unha prestación bibliotecaria estable, co obxectivo de facer partícipes os veciños dos beneficios da biblioteca pública.
A necesidade dos bibliobuses pódese xustificar como unha ferramenta da extensión bibliotecaria, especialmente na nosa comunidade autónoma onde a dispersión da poboación fai extremadamente difícil ofrecer a tódolos habitantes un fácil acceso ás bibliotecas públicas. Sen embargo, cuestionase, en numerosas ocasións, este servizo de biblioteca móbil polo seu custe, cando por tratarse, precisamente, dun servizo cultural e educativo non podemos medila súa rentabilidade en parámetros exclusivamente económicos, esquecéndonos da súa utilidade social. Lembremos, ademais, o mandato constitucional que obriga ás administracións públicas a favorecer o acceso á cultura e “o principio de igualdade de oportunidades” que, esixe das institucións responsables da lectura pública que esta chegue a tódolos veciños sexa cal sexa o lugar onde vivan e a situación na que se encontren.
Os servizos prestados polos bibliobuses ou bibliotecas móbiles dependerán das características da poboación á que se atenda. O máis común é que se apoie nunha biblioteca central e bibliotecas-sucursais que sirvan a unha poboación rural e ó extrarradio urbano; sendo conveniente analizar si é máis rentable un servizo de bibliobús ou establecer bibliotecas-sucursaies estables.
A existencia dun servizo de bibliobús pode depender de factores xeográficos e económicos: -entre os factores xeográficos, temos que ter en conta si as zonas onde debe acudir o bibliobús están máis ou menos dispersas; as características xeográficas, a zona onde se prestará o servizo, condicións climáticas, etc -entre os económicos habería que realizar un estudo de custes por servizo, establecendo os posibles usuarios, gastos xerados…

sábado 6 de junio de 2009

NOTA DE PRENSA


Documento da Resolución da Xunta Electoral de Zona

O PSDEG-PSOE DE LALIN CRE QUE O POSIBLE DELICTO DE INXURIAS DEBERÍA FACER REFLEXIONAR A CRESPO POLAS SÚAS FORMAS.





- Lembran que non pretenden unha xudicialización da política pois foi a propia XEZ que considerou levar o asunto ao xuzgado.





Os socialistas lalinenses esperan que a decisión da XEZ de levar aos Xuzgados a denuncia feita polo PSdeG-PSOE local a raíz dos indignantes carteis do PP faga reflexionar a Crespo e a todo o PP de Lalín “en que as formas e a educación son actitudes necesarias en política, e que pasarse dos límites pode ter consecuencias”.

Dende o PSdeG-PSOE se sinala que os seus carteis sobre Educación so viñeron denunciar unha situación creada pola nova Consellería de Educación e o parlamentario e concelleiro lalinense Román Rodríguez quen declarara que “os colexios do rural estaban condenados a desaparecer”, pero en ningún caso se entrou en “ataques mentireiros e ruíns como fixo o PP e así entendeu a XEZ que traspasou o caso á Xustiza”.

O Sº Xeral e o Sº de Organización do PSdeg-PSOE de Lalín tamén fixeron un repaso polos que consideran “barbaridades e excesos verbais do alcalde Xosé Crespo contra os socialistas” e así lembraron como “lle montou un espectaculo de berros á anterior Conselleira de Educación nun centro educativo, onde lle mandou meter unha carta a María José Rubio ,ex-conselleira de Sanidade ou que aos socialistas había que escacharlles os dentes cunha cunca de viño e máis recentemente cualificando ao PSdeG-PSOE de Lalín de panda de cretinos,etc,etc”. Os socialistas consideran que este tipo de declaracións non son propias dun alcalde que representa a todos os veciños, e que debía medir as súas verbas por dignidade e porque hai milleiros de lalinenses que non votan ao PP.

Dende o PSdeG-PSOE sinálase que toda esta situación debería facerlle reflexionar, pois intensificou os seus exabruptos dende que o PP gañou as Autonómicas demostrando que “non sabe ser un gañador digno”.


José Antonio González Ferradás
Sº Xeral
Nicolás González Casares
Sº de Organización e Comunicación

Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Lalín

Nota de Prensa

GONZÁLEZ ALLER SOSPEITA QUE CRESPO IMPLANTA O PLAN DE TRÁFICO POR ANACOS PARA EVITAR A SÚA TOTAL POSTA EN MARCHA.

- Sinala que o alcalde “quere escaparse das decisións de consenso xa tomadas”

O voceiro dos socialistas lalinenses, Manuel González Aller , sinalou que dende a súa organización política se sospeita que Crespo implanta o Plan de Tráfico “aos pouquiños” para evitar a súa plena posta en marcha.

O concelleiro socialista entende que a actitude de Crespo responde a que “quere escaparse de poñer en marcha decisións acadadas por consenso entre todos os grupos políticos e axentes sociais como o tema da Rúa Colón” e considera que o rexedor vai tratar de poñer en marcha todas as reformas sen previo aviso menos esa que buscará non executar.

González Aller tamén criticou as chapuzas do goberno local nesta implantación poñendo en perigo a seguridade vial e reclámalle que os vindeiros cambios na circulación nas rúas lalinenses “sexan avisados coa debida publicidade e coa sinalización xa colocada e de non ser así que o propio alcalde se faga responsable dos accidentes que se puideran producir”.


Manuel González Aller
Voceiro do Grupo Municipal Socialista de Lalín

La Junta Electoral dice que el cartel del PP de los colegios podría suponer un delito de injurias contra el PSOE


La guerra de carteles PP-PSOE sobre los colegios rurales acaba en el juzgado. Los socialistas denunciaron ayer la colocación de carteles del PP el jueves en los que, tras defender un posicionamiento en materia educativa, realizan graves afirmaciones contra el PSOE en su conjunto al calificarlo, entre otras cosas, de «'representar a mentira e a manipulación', e dar a entender, co parágrafo de que 'agora se entenden algunhas cousiñas', que a formación política [socialista] estivo involucrada nalgúns asuntos de dubidosa legalidade». El PSOE entiende que esa propaganda excede la consentida y vulnera las normas de mínimo respeto, con acusaciones directas que afectan a la honorabilidad de todo un partido, y por extensión a todos sus militantes y simpatizantes.

La Junta Electoral de Zona respondía ayer mismo, indicando que una vez analizada la documentación presentada por el PSOE y su contenido, se desprende «que o narrado podería ser constitutivo dun delito de inxurias», por lo que el procedimiento se tramitará con arreglo a la Ley de Enjuiciamiento Criminal. Por esta razón, la Junta Electoral dictaminó que «procede remitir o escrito de denuncia presentado ao Xuzgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Lalín en funcións de garda», juzgado que adoptará las medidas que crea oportunas.

Ven un posible delito de injurias en carteles del PP

La junta electoral traslada al juzgado de Lalín las acusaciones contra el PSOE en Educación.

REDACCIÓN - LALÍN El PSOE de Lalín cursó en la jornada de ayer una denuncia ante la Xunta Electoral de Zona con motivo de unos carteles del PP en los que se acusa a los socialistas de "representar a mentira e a manipulación" por su postura en materia educativa respecto a la polémica por el futuro de los tres colegios rurales del municipio. Además, las pancartas de los populares también indican que "agora se entenden algunhas cousiñas", una frase que el PSOE cree que apunta a que estuvo involucrado en asuntos de "dubidosa legalidade".

Ante esta situación, derivada de unos carteles anteriores de los socialistas acusando al PP de apostar por el cierre de los colegios rurales, se solicitó a la junta electoral que requiriese la retirada de todos los carteles y que se estudiase la posibilidad de remitirlos al Ministerio Fiscal para que valore la posibilidad de abrir diligencias previas.

Tras recibir el escrito, la Xunta Electoral de Zona considera que los hechos narrados por el PSOE lalinense "poderían ser constitutivos dun delicto de inxurias", por lo que ha decidido remitir el escrito de denuncia ante el Juzgado de Primera Instancia e Instrucción número 1 de Lalín. La junta indicó que estos hechos deben tramitarse con arreglo a la Ley de Enjuiciamiento Criminal y que debe ser el juzgado el que tome las medidas oportunas.

NOTA DE PRENSA


A rúa F con coches nos aparcados nos dous sentidos da marcha a pesares do cambio de circulación

NOTA DE PRENSA


OS SOCIALISTAS DENUNCIAN O CAOS PROVOCADO NA RÚA “F” POLAS MODIFICACIÓNS NO SENTIDO DA CIRCULACIÓN

Non se avisou previamente á poboación, faltaba sinalización e non houbo a axeitada presenza da policía local



05/06/2009.-Cando pensabamos os socialistas que o goberno municipal xa batera todos os récords de incompetencia en materia de tráfico urbano, vimos de constatar que unha vez máis supéranse a si mesmos.
En calquera concello con un goberno minimamente sensato, cando se decide un cambio nos sentidos de circulación dalgunha rúa, avísase con tempo á poboación a través dos medios de comunicación e de carteis informativos, colócase axeitadamente e en tempo toda a nova sinalización (manténdoa tapada en tanto non se fai efectivo o cambio) e finalmente, nos primeiros momentos en que se fai efectivo, a policía local ten presenza nas rúas afectadas para controlar a circulación e evitar os lóxicos despistes que aínda poida haber a pesar dos avisos previos.

Os socialistas constatamos unha vez máis, que este goberno municipal é un auténtico desastre como xestor. Onte pola tarde, sen que mediase ningún tipo de aviso, sen ter colocada toda a sinalización necesaria (hoxe pola mañá aínda se estaba colocando parte dela), e sen presenza significativa da policía local modificouse o sentido de circulación alomenos en dous tramos da rúa “F”, cambiando o sentido único no tramo Avda. Bós Aires a Avda. Luis González Taboada e eliminando un dos sentidos de circulación na continuación da mesma ata a rúa “B”.

O caos circulatorio que se montou foi inmenso durante a tarde de onte e todo o día de hoxe, ó circular coches continuamente polas direccións que agora son prohibidas (aínda agora mesmo cando redactamos esta nota se dan numerosos casos), co conseguinte perigo para a circulación e risco de que haxa accidentes de consideración, especialmente no primeiro dos tramos citados, dado que antes era de sentido único e agora invírtese ese sentido, polo que os coches que entran equivocados non contan con que veña ningún de fronte.

Os socialistas consideramos que é unha mostra mais da incompetencia e incapacidade de xestión do grupo de goberno, que nesta ocasión se ten que personalizar exclusivamente no sr. Crespo, pois logo de cesar no que vai de lexislatura a dous concelleiros de tráfico e asumir persoalmente as súas competencias, xa non ten “chivo expiatorio” a quen botar a culpa, polo que agardamos que asuma todas as responsabilidades, e sobre todo que se adopten as medidas oportunas para que non teñamos que lamentar unha desgraza neste caso, e para que cando se volva a facer algún cambio, se faga con sentido común e coas prevencións mínimas sinaladas antes.


Saúdos,
PSdeG-PSOE de Lalín

miércoles 3 de junio de 2009

NOTA DE PRENSA

O PSdeG-PSOE DE LALÍN SULIÑA OS INVESTIMENTOS EN EDUCACIÓN DA ÉPOCA DE CRISTÓBAL FERNÁNDEZ, APROVEITANDO A LICITACIÓN DA NOVA CUBERTA DO IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA.

02/06/2009.-No Diario Oficial de Galicia de hoxe publícase a licitación dunha obra que estaba contemplada dentro dentro das actuacións previstas para este ano pola Delegación Provincial de Educación que dirixía Cristóbal Fernández. É a obra da nova cuberta do IES Ramón Mª Aller Ulloa por importe de 275.000€, que ven a culminar toda a anterior de mais de 1,2 millóns de euros de reforma interna do centro, e que no seu conxunto remata a súa remodelación integral, o que está contribuíndo e vai a contribuir a unha mellora clara das condicións en que se imparte o ensino e, en definitiva, á mellora da calidade educativa en Lalín.

Dende o PSdeG-PSOE confíase en que outras obras previstas dende a Delegación para este ano na comarca, como o proxecto básico e de execución dos novos talleres no IES Marco do Camballón e o proxecto básico e de execución da obra de reforma e acondicionamento do CEIP Nosa Sra. da Piedade, as dúas en Vila de Cruces, tamén se vexan no DOGA nos próximos días.
Con estas obras, e coa do Xesús Golmar, que os socialistas esperamos que dende a Xunta non se atreverán a parar nin a demorar, culmínase todo un rosario de actuacións na comarca do Deza nos centros educativos, e moi especialmente en Lalín, que non resiste comparación con ningunha outra época, e que dificilmente se volverá a repetir nunca.

NOTA DE PRENSA


O PSdeG-PSOE DE LALÍN CONSIDERA QUE AS NOVAS SOBRE A AP-53 E A N-525 SON EXCELENTES PARA OS INTERESES DE LALÍN.

- Reclamáranlle ao PP a supresión da peaxe da AP-53 cando se transfira.

02/05/2009.-O voceiro dos socialistas lalinenses cualificou hoxe como moi positivas as novas que chegan dende o Ministerio de Fomento co inicio dos carrís lentos da N-525 e o máis que probable traspaso da AP-53 á Xunta de Galicia.

Dende o PSdeG-PSOE se manifesta que xa se empeza a notar a man de José Blanco, perfecto coñecedor das necesidades en infraestruturas da comarca e do novo Delegado do Goberno Antón Louro que están a cumprir os seus compromisos. González Aller cualificaba como determinante “a posta en marcha das obras dos carrís lentos da N-525, pois mellorarán esta vía e a farán máis competitiva coa AP-53 obrigando á concesionaria a negociar”. Tamén refrendouse que neste proxecto están reflexadas as beirarrúas solicitadas polos veciños de Bendoiro.

En canto a probable transferencia da AP-53 á Administración Autonómica, os socialistas revelan que “foi nunha recente visita do Sº Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, a Lalín onde se abreu esa posibilidade que logo lle traspasou a José Blanco á necesidade dun traspaso do treito Dozón-Santiago para concienciar á Xunta do problema da peaxe”.

Os socialistas non van permitir que unha vez que se faga o traspaso “o PP rebaixe ás demandas da sociedade lalinense, pois durante os últimos 4 anos pediron a supresión da peaxe e agora non debería pasar por menos”. González Aller sinala que “o PP vai ter a oportunidade de arranxar a desfeita que fixeron con esta peaxe, por iso a xente non vai entender que so rebaixen aos ususarios habituais”.

Finalmente lembran o intenso impulso en investimentos que está a facer o Ministerio de Fomento na Comarca do Deza creando centos de empregos directos e indirectos co TAV e máis proximamente coa reforma da N-525, aliviando deste xeito as duras consecuencias da crise .

viernes 22 de mayo de 2009

Nota de Prensa


OS SOCIALISTAS DE LALÍN TILDA DE VERGOÑENTA A XESTIÓN DO LIXO EN LALÍN


- Lembran que levan meses reclamando pola recollida de lixo no Regueiriño.
- Pedirán bonificacións nos recibos para os veciños afectados.
- Os edís do PSdeG-PSOE lembran os incumprimentos continuos da concesionaria coa connivencia do PP.


Ante a situación que se está a crear coa deficiente recollida de lixo no Regueiriño, os socialistas lalinenses cualificaron como vergoñenta a xestión que está levando a cabo dende o goberno local co tema do lixo.

Dende o PSdeG-PSOE lembran que xa presentaron varios rogos no Concello,notas de prensa de denuncia,etc ante a deficiente recollida de residuos nesa zona de Lalín e sempre se lles negou o problema .” Todo o mundo pode comprobar a mala recollida desa zona mentras os que alí residen pagan o servizo”, feito polo que os socialistas reclamaranlle ao Concello bonificación nos recibos do lixo aos residentes do Regueiriño ata que a recollida non sexa a correcta. Sinalan ademais que o problema leva enquistado varios meses pero a inoperancia do goberno local “é manifesta”.

Para o PSdeg-PSOE esta non é unha situación nova ou excepcional e lembran os continuos problemas no servizo de recollida de lixos “negados durante anos polo PP co alcalde Xosé Crespo á cabeza”.

Os socialistas recoñecen que esa zona non está incluída no contrato de Sufi polo que o Concello debe buscar unha solución. Dende o PSdeG-PSOE consideran que a fórmula non pode ser o cambalache de sancións mínimas que leva propoñendo o goberno local para a concesionaria.

Manuel González Aller e Marta Lázara sinalan que “Sufi non cumpre co contrato nin a día de hoxe e así o fixo durante anos de xeito continuado coa connivencia do goberno local”. Calculan nuns 500.000 euros o aforrado pola concesionaria en persoal e servizos que terían que ser destiñados para os veciños de Lalín, “cun alcalde facendo a vista gorda e poñendo multas irrisorias, mentras os cartos dos lalinenses voan”. Dende o PSdeG-PSOE sinalan que seguen a valorar a posibilidade de levar este asunto aos xulgados “pois semella que se puido producir un fraude continuado e contrario aos intereses dos veciños”.


Manuel González Aller
Marta Lázara Fontao
Concelleiros do Grupo Municipal Socialista de Lalín

Nota de Prensa


OS SOCIALISTAS LALINENSES SINALAN QUE O BIPARTITO DEIXOU UNHA IMPORTANTE HERDANZA DE INVESTIMENTOS PARA LALÍN.


- Lembranlle ao PP que non tolerarán retrasos na construción do novo Xesús Golmar
- Destacan os compromisos cumpridos por Pachi Vázquez


Os socialistas lalinenses destacan que os compromisos adquiridos polo bipartito con Lalín son unha herdanza moi importante para o desenvolvemento da vila e os núcleos rurais.

Dende o PSdeG-PSOE se destaca a xestión do actual Sº Xeral do PSdeG-PSOE e antigo conselleiro de Medio Ambiente Manuel “Pachi” Vázquez que na súa última visita en Lalín “se comprometeu a reparar a ponte da avenida Xosé Cuiña, recén inaugurada ou a realizar o novo depósito de augas de Lagazós, unha obra vital que esperemos que o PP non bote para atrás”.

Os socialistas tamén destacan que o antigo departamento do actual líder do PSdeG-PSOE foi o responsable de que Cotarelo e Pareizo poidan dispoñer dun saneamento, pois o goberno local non fixo nada nesta materia.”Si non é por Pachi e polo Plan E , Crespo non faría ningún saneamento”

Finalmente os socialistas lembran un grande investimento xa comprometido como a reposición do novo Xesús Golmar e que suporá un investimento duns 5 millóns de euros, “necesidade prioritaria para a Educación de Lalín na que os socialistas lalinenses non tolerarán nin retrasos nin un paso atrás”.

José Antonio González Ferradás
Nicolás gonzález Casares
Comisión Executiva Municipal
PSdeg-PSOE de Lalín

Nota de Prensa


O PSDEG-PSOE DENUNCIA A DISCRIMINACIÓN DOS VECIÑOS DE VILATUXE AFECTADOS POLA PARCELARIA QUE NON FORON ATENDIDOS POR ANTONIO CRESPO.


Os socialistas lalinenses denuncian a discriminación dos veciños de Vilatuxe afectados pola parcelaria que non foron atendidos polo Director Xeral de Desenvolvemento Rural.

Dende o PSdeG-PSOE se critica o feito de que “para o PP parece que hai dúas clases de veciños e non dubidan en practicar á segregación”, e lembran que nas anteriores reunións da anterior Xunta “ninguén era discriminado e todo o mundo podía dar a súa opinión, pero ao chegar o PP parece que xa hai distinción de clases”.

Sinalan tamén os socialistas que parece que quedou ben claro “que era necesario un estudo de impacto ambiental para levar a cabo esa parcelaria desligando a zona afectada pola Rede Natura”, polo que se lle remata dando a razón as posición defendidas polo Departamento de Pachi Vázquez.

Circuito de autocross

Dende o PSdeG-PSOE tamén se critica a visita ao fallido circuito de autocroos, feito polo Concello de Lalín invadindo Rede Natura sen ningún tipo de permiso nin autorización, feito que lle valeu unha importante sanción de Medio Ambiente.

Os socialistas lembranlle ao PP que calquera actuación que pretendan levar na Rede Natura no LIC do Candán “terá que adapatarse a Lei,se non atoparannos de fronte”. Finalmente dende o PSdeG-PSOE sinalan que non porán ningún impedimento a que Lalín desfrute dun circuíto destas características sempre que se cumpra coa legalidade.

miércoles 20 de mayo de 2009

NOTA DE PRENSA

O PSdeG-PSOE ACUSA A CRESPO DE ABANDOAR AS REIVINDICACIÓNS LALINENSES PRIORITARIAS.

- Consideran unha vergoña que o alcalde so lle reclamara ao Conselleiro Política Territorial e Medio Ambiente 3 sinais de tráfico.
- Os socialistas pregúntanse que administración fai as obras do Rodo, acometidas pola empresa na que traballaba o conselleiro Agustín Hernández.


19/05/2009.-Os socialistas lalinenses acusan ao alcalde Xosé Crespo de abandoar reivindicacións prioritarias para os intereses xerais da vila como pode ser o tema da peaxe da AP-53 ou obras pendentes de Medio Ambiente que aínda están sen acometer como o novo bombeo de augas.

Manuel González Aller e Francisco P. Donsión consideran unha vergoña a actual actitude do alcalde que se contrapón coa que tiña hai uns meses, “cando antes viña un conselleiro a Lalín levaba 4 ou 5 peticións de calado e sempre se lles entregaba unha carta repleta de solicitudes”. Os concelleiros socialistas sinalan ironicamente que “debe ser que agora os de Lalín xa non pagamos peaxe a Santiago, xa están solucionados todos os temas medioambientais ou xa está rematado o Corredor ata o Alto do Faro ” porque doutro xeito non se entendería o cambio de postura do alcalde lalinense.

Lembran dende o PSdeG-PSOE por último, o importante papel do ex –conselleiro de Medio Ambiente e actual líder dos socialistas galegos, Manuel “Pachi” Vázquez para que a construción da nova ponte da Avenida Xosé Cuíña fora unha realidade co menor custe para o Concello de Lalín.

Obras no Rodo

Os socialistas pregúntanlle ao Concello de Lalín que administración está facendo as obras na Rúa Rodo. Os socialistas cren que hai certa confusión xa que un día se pecha a rúa para facelas e non se empeza ata despois dunha semana, e agora resulta que non é a brigada do Concello que as leva a cabo se non a empresa Sercoysa na que traballaba o novo conselleiro de Política Territorial e Medio Ambiente, Agustín Hernández.

Dende o PSdeG-PSOE tamén se estrañan de que se fagan reformas para o Plan de Tráfico cando o alcalde se mostra “incapaz” para sacalo adiante. “O normal é facer un plan e logo as obras necesarias, non ao revés, pero mirando para o proceso de construción do Lalín Arena e o novo Concello, xa non nos sorprende nada deste alcalde” rematan os concelleiros socialistas.

NOTA DE PRENSA


O PSdeG-PSOE DE LALÍN ACUSA A CRESPO DE DESPILFARRAR POLO USO DO SEU AUDI, QUE LLE CUSTA 50.000 EUROS AO ANO A TODOS OS LALINENSES.

- Os socialistas lalinenses cren que o alcalde debería apretarse o cinto como os veciños.
- Consideran excesivo que nestes momentos o alcalde teña un coche oficial tan caro e con chófer

16/05/2009.- Os socialistas lalinenses critican duramente o que consideran un gasto excesivo do alcalde lalinense no seu Audi oficial. Os socialistas sinalan que o custe do servizo de coche oficial para o alcalde supón un gasto para as arcas municipais superior a 50.000 euros ao ano, que se reparten entre os 2000 euros ao mes do “renting” do vehículo e os aproximadamente 30.000 euros do salario do chófer, que é un Policia Municipal do cadro de persoal do Concello de Lalín.

Dende o PSdeG-PSOE local non se entende que nestes tempos de crise o alcalde non opte por apretarse o cinto, como fan os veciños e outras administracións, e critican a dobre moral dos populares que tanto falan de aforrar e logo non predican co exemplo. Os socialistas de Lalín sinalan que é “moi significativo” que os únicos alcaldes que teñen coche oficial no entorno próximo a Lalín sexan ambos do PP: Lalín e Vila de Cruces. Pola contra sinalan que nin a alcaldesa de Silleda, nin o alcalde de A Estrada cunha poboación similar á de Lalín, teñen coche oficial e dende logo tampouco chofer.

Dende o PSOE local reclámanlle ao alcalde que faga un esforzo e que nestes tempos de crise prescinda dun coche que está demostrado que non precisa , pois é posible que nos tempos de presidente da FEGAMP lle fixera falta aínda que non se entende como daquela o custe fora asumido por Lalín.

Por último os socialistas lalinenses confían en que o alcalde de Lalín non cometera o erro de percibir dietas por desprazamentos da Deputación Provincial por viaxar a Pontevedra as reunións desa institución, dende o PSdeG sinalan que sería inexplicable que cobrara eses cartos cando esas viaxes as asumen os lalinenses “con Audi, chófer e gasoleo pagado”

NOTA DE PRENSA


O PSdeG-PSOE DE LALÍN ANIMA AOS LALINENSE A CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E A DEFENDER O IDIOMA DAS AGRESIÓNS QUE ESTÁ A RECIBIR.

- Os socialistas cren que é tempo de defender a nosa lingua ante a súa preocupante situación


16/05/2009.-Os socialistas lalinenses queren sumarse á celebración dos actos do Día das Letras Galegas, que hoxe se celebra en todo o país. Dende o PSdeG-PSOE de Lalín anímase a todos os veciños a participar neste día festivo para a nosa lingua pero tendo en conta os aspectos reinvindicativos, debido as agresións que nos últimos tempos ven sofrindo por parte de sectores da dereita reaccionaria. Os socialistas animan aos lalinenses a participar nos actos do día tanto nos festivos como aqueles máis reivindicativos.

O PSdeG-PSOE de Lalín considera que “é tempo de non dar un paso atrás na defensa da lingua, que xunto co territorio é o principal elemento de identidade do noso país. Para os socialistas as ameazas que está a sufrir o galego necesitan unha resposta firme daqueles que “cremos que a lingua é un patrimonio de todos os galegos que debe ser intocable”.

Os socialistas lalinenses sinalan que este día está adicado ao insigne galeguista Ramón Piñeiro, defensor a ultranza do noso idioma, do que lembran que se sentou nas bancadas socialistas do Parlamento compartindo espazo con Carlos Casares.

NOTA DE PRENSA

OS SOCIALISTAS LALINENSES RECLÁMANLLE A CREPO QUE SE DEIXE DE “EXCUSAS BARATAS” EN CANTO AO PLAN DE TRÁFICO.

- Dende o PSdeG-PSOE pregúntanse se o alcalde leva dez anos en Santiago facendo xestións na Xunta, pois é o retraso do Plan de Tráfico.


15/05/2009.-Os socialistas lalinenses mostraronse moi críticos coa excusa do alacalde lalinense Xosé Crespo que aseguraba que os retrasos do Plan de Tráfico debíanse ás súsa xestións na Xunta. Dende o PSdeG-POSE local pregúntanlle ao alcalde “se leva dez anos en Santiago facendo xestións, pois ese é o retraso do Plan de Tráfico”.

Para os concelleiros socialistas trátase “dunha mala desculpa para tapar a súa inoperancia”, pois xa estaba máis ou menos todo rematado e consensuado “pero foi o propio alcalde que a liou” en relacións aos problemas creados polo rexedor na rúa Colón.

Os socialistas pídenlle ao alcalde que se centre nos problemas de Lalín, que cando acuda aos Plenos non marche aos 5 minutos, e se quere facer xestións en Santiago ten a un recentemente elixido deputado autonómico, “ou é que xa non se fía de Román Rodríguez ou non o considera válido para esas xestións”.

Dende o PSdeG-PSOE aseguran tamén descoñecer que a construción do Xesús Golmar corra perigo, pois a anterior Consellería deixou máis de 5M de euros para este investimento “ e se non se adxudicou foi para respectar éticamente o cambio de goberno e non dar unha obra en funcións, baixeza política que practicara o PP na anterior transición da Xunta”.

Por outra banda pídenlle ao alcalde “que deixe de marear a perdiz e de tratar de retrasar o Centro de Alta Resolución e que lle reclame de xeito inmediato á Consellería de Sanidade o cumprimento do Plan Funcional do CHUS”, pois parece que Crespo o único que pretende é dilatar no tempo a construción dunha nova infraestrutura sanitaria para Lalín.

NOTA DE PRENSA


O PSdeG-PSOE DE LALÍN DENUNCIOU O ABANDONO DE PISTAS DE LALÍN QUE DIFICULTOU O TRANSPORTE ESCOLAR.


15/05/2009.-Os socialistas lalinenses veñen de denunciar que o Concello de Lalín non atendeu as reclamacións feitas dende a comunidade educativa para solicitar o mantemento de pistas por onde circulaban os transportes escolares.

En varias ocasións se lle solicitou ao Concello de Lalín que podara e acondicionara árbores que dificultaban o paso do transporte escolar, poñendo en perigo a súa seguridade. Dende o Concello de Lalín fíxose oídos xordos a esta reclamación, mostrando unha vez máis a súa nula preocupación pola comunidade educativa.

Ante esta situación os socialistas denuncian que “foron as propias empresas as que finalmente tiveron que tomar a iniciativa de acondicionar as rutas” ante as dificultades que se atopaban habitualmente e a falta de atención prestada polo Concello pese a insistencia nas reclamacións por parte da Consellería de Educación

NOTA DE PRENSA


O PSdeG-PSOE DE LALÍN CONSIDERA INXUSTIFICABLES OS INSULTOS DE CRESPO E ACÚSANO DE NON ESTAR Á ALTURA DA CIDADANÍA LALINENSE.

- Reclámanlle que se poña a traballar nas cuestión que lles importan aos cidadáns e non a comportarse como un maleducado.
- Os socialistas poñen exemplos actuais da inoperancia e ineptitude do alcalde e o seu equipo.
- Recoméndanlle unha cura relaxante pois semella ter moitos problemas.



14/05/2009.-Os socialistas lalinenses, tanto a Executiva Municipal como os cinco concelleiros do Grupo Municipal Socialista de Lalín, consideran inxustificables e inadmisibles os insultos do alcalde lalinense e esíxenlle unha rectificación.

Para o PSdeG-PSOE local os insultos que habitualmente usa Crespo non contribúen a xerar un bo clima político e o único que buscan é o enfrontamento. Os socialistas lalinenses renuncian a contestar coas mesmas formas que o alcalde, pois sería non estar á altura do que espera a cidadanía. Os socialistas consideran que o alcalde cos seus exabruptos non só lle falta aos socialistas senón que tamén o fai a uns 3000 votantes que habitualmente confían no PSOE no noso Concello, algo que indica a prepotencia do alcalde pese a contar con maioría absoluta.

Para os socialistas de Lalín o historial de insultos e descualificacións de Crespo é “demasiado avultado e intenso para a dignidade dos lalinenses” e lembran como lle faltou ao respecto á anterior Conselleira de educación nunha visita a Lalín, como mandou “meter a carta no cú” á María José Rubio ex-Consellería de Sanidade ou como dixo “que aos socialistas hai que escacharlles os dentes”, frases impropias dun representante dos veciños, algo que debería provocarlle reflexión.

Dende o PSdeG-PSOE recoméndanlle a Crespo “unha cura relaxante, pois é posible que non estea ben” e consideran que a súa ausencia por estes motivos sería ben entendida pola oposición que ven motivos para preocuparse polo alcalde como a súa declarada incontinecia verbal adornada de insultos. Sobre os motivos da actual crispación os socialistas reflexionan cómo é posible que coa victoria na Xunta estea tan nervioso e “cremos que pode ser por falta de educación na victoria, o que se chama non saber gañar ou pola perda de peso político na nova estrutura orgánica do PPdeG”.









Problemas recentes

Como mostras actuais da inoperancia e a falta de previsión do alcalde nas súas propias competencias os socialistas sinalan o recente peche ao aparcamento das dúas marxes da Rúa Rodo dende o pasado martes a primeira hora da mañán sen que a día de hoxe se teña iniciado a obra prevista, provocando as conseguintes molestias aos veciños da zona, que hoxe ante a falta de actividade xa empezaron a aparcar na zona restrinxida. Dende o PSdeG-PSOE lembráselle ao alcalde que o responsable de Tráfico é el mesmo “aínda que non fora capaz de facer un Plan nos últimos 10 anos”.

Tamén critican que o Concello teña prevista a inauguración da nova ponte da Avda Xosé Cuiña para o luns 18 ás 13.30 horas, “cando sendo día de feira o que se tiña que facer e abrilo ao Tráfico á primeira hora da mañán para evitarlle as molestias a todos e todas os lalinenses”. Dende o PSdeG-PSOE consíderase que estes detalles son unha mostra máis de que Crespo “non está ao que hai que estar, que son os problemas dos lalinenses”

martes 12 de mayo de 2009

NOTA DE PRENSA

O PSdeG-PSOE DE LALIN RECLÁMALLE AO GOBERNO LOCAL QUE POÑA EN MARCHA UN VIVEIRO DE EMPRESAS PARA DAR SAÍDA AOS EMPRENDEDORES.

- Os socialistas lembran que xa pediron a posta en marcha desta inciativa en varias ocasións.
- Lamentan que o goberno local a anunciara en varias ocasión e que non fixeran nada en 2 anos

09/05/2009.-A Executiva Local do PSdeG-PSOE e de Xuventudes Socialistas de Lalín acordaron trasladarlle ao Grupo Municipal Socialista a proposta da posta en marcha dun viveiro de empresas na nosa vila para que sexa levada ao Pleno Municipal do Concello.

Nicolás González, Sº de Organización do PSdeG-PSOE, e Adriana Viz, Sª Xeral de XSG , consideran que esta inciativa axudara a encamiñar inciativas da “xente nova e emprendedora e crear emprego xa que nestes momentos teñen moitas dificultades para poñer en marcha os seus proxectos”. Os socialistas entenden que “agora en Lalín hai xente nova e con ideas e o Concello debe confiar nela aportando solucións para axudarlles nas súas iniciativas e de paso revitalizar o sector empresarial da nosa vila nestes tempo de crise”.

Dende o PSdeG-PSOE lémbrase que a medida foi anunciada varias veces polo PP “pero nunca fixeron nada” polo que manifestan que non se pode esperar máis tempo para poñela en marcha. Así lembran anuncios feitos por Román Rodríguez en varias ocasións pero que “quedaron en nada como a maioría das iniciativas que anuncia o PP de Lalín para a xente nova”.

Os socialistas lalinenses reiteran a súa proposta de que a posta en marcha dun viveiro de empresas debe ir apoiada con outras accións como “acordos co IGAPE para facilitar o asesoramento e posterior financiamento dos proxectos viables”. Tamén os socialistas consideran que sería interesante que nesta iniciativa participaran os chamados “spin off” das universidades galegas, entidades que axudan ao emprendemento e ao desenvolvemento de iniciativas empresariais de emprendedores mediante seminarios, formación, asesoramento e mesmo participación no accionariado das novas empresas.

De entrada os socialistas estiman que o Concello debería poñer a disposición dos emprendedores seleccionados instalacións con servicios comunes de telefonía, datos en alta velocidade e ofimática e consideran imprescindible que a AED e as asociacións de comerciantes colaboren na selección dos proxectos que se poderían desenvolver.

lunes 11 de mayo de 2009

NOTA DE PRENSA



OS SOCIALISTAS LALINENSES ESIXEN UNHA RÁPIDA ADXUDICACIÓN DO NOVO XESÚS GOLMAR.

- Dende o PSdeG-PSOE repróchanlle a Crespo que “agora non presione” para que o colexio se faga rapidamente
- Os socialistas entenden que o PP xa empeza a demostrar a súa escasa preocupación polas políticas sociais.


11/05/2009.-O PSdeG-PSOE de Lalín esixe á Consellería de Educación do novo Goberno da Xunta unha rápida adxudicación do novo colexio Xesús Golmar, pois o proceso comezado polo anterior equipo xa estaba practicamente rematado coa valoración das diferentes empresas.

Para os socialistas esta situación demostra unha clara inactividade do novo Goberno Galego, escasa preocupación polas políticas sociais en xeral e pola situación educativa de Lalín concretamente.

Os socialistas de Lalín consideran que unha pronta adxudicación permitiría comezar os traballos nun curto espazo de tempo e deste xeito poderíase aproveitar o verán para as obras máis dificultosas e molestas como os movementos de terras e a cimentación. Por outra banda entenden que se a construción empezara nas vindeiras semanas poderíase cumprir o compromiso de rematar a nova infraestrutura educativa para o inicio do curso 2010-2011.

Dende o PSdeG-PSOE de Lalín lembrase que o proxecto do novo Golmar foi un dos máis importantes adiantos de Lalín en materia educativa potenciado polo anterior Delegado Provincial de Educación, o lalinense Cristóbal Fernández e sinalan que o presuposto consignado para a reposición do colexio ascende a 5,5 millóns de euros, o máis importante investimento educativo feito nunca en Lalín.

Finalmente os socialistas lalinenses tamén lle reclaman ao alcalde lalinense que “agora xa nin faga presión nin reclame a construción do novo colexio, demostrando unha vez máis que cando está o PP na Xunta a Crespo xa non lle interesa á Educación”.

miércoles 6 de mayo de 2009

OS SOCIALISTAS LALINENSES SÚMANSE Á CONCENTRACIÓN EN APOIO AO SECTOR LÁCTEO


O PSdeG-PSOE de Lalín acudirá a concentración convocada para este venres en apoio ao sector lácteo.
Os socialistas consideran que a grave situación pola que atravesa o sector lácteo está a afectar especialmente á comarca do Deza, polo que o apoio social ás reivindicacións dos gandeiros debe ser unánime.
A manifestación convocada para este venres día 8 en Lalín, partirá ás 12 do mediodía da Pz. da Marina.

NOTA DE PRENSA


O PSdeG-PSOE PREGÚNTALLE AO ALCALDE SOBRE OS CUSTES DA RETIRADA DA CUBERTA DO OBSERVATORIO.

- Os socialistas apoian a medida pero lamentan que o alcalde tire cos cartos dos lalinenses.

05/05/2009.-A edil socialista Marta Lázara pregúntalle ao grupo de goberno do PP polos custes da retirada da cuberta do Observatorio do Museo Ramón María Aller de Lalín. Dende o Grupo Municipal Socialista solicitan coñecer o custe da obra realizada para o desmonte e pregúntanse que se vai facer coa estrutura xa retirada.

Lázara di “que os socialistas apoiamos que se quitara ese adefesio, que nunca tivo que estar colocado e que demostraba claramente o mal gusto do alcalde lalinense estropeando un dos edificios máis importantes de Lalín e Patrimonio de todos os veciños”.

De tódolos xeitos o PSdeG-PSOE critica a “nula previsión do PP que un día fai unha obra e ao pouco tempo a tira abaixo” e sinalan a analoxía coa proposta de Crespo de “querer reabrir ao tráfico a Rúa Colón despois de gastarse hai poucos anos un millón de euros e arreglala”.

Os socialistas consideran que parece que “a Crespo non lle doen os cartos gastados en desfacer as súas propias obras e suxirenlle ao alcalde máis previsión e menos improvisación”.

Finalmente dende o PSdeG-PSOE esperan que isto sirva dunha vez para poñer en marcha os actos do Ano Internacional da Astronomía que se celebra este 2009 pois “os socialistas levamos 5 meses propoñendo actividades e o PP leva o mesmo tempo sen facer absolutamente nada, e lembramos a importancia que en Lalín debería ter esta celebración”

NOTA DE PRENSA


OS SOCIALISTAS LALINENSES LAMENTAN A PERDA DE OPORTUNIDADES DO GOBERNO LOCAL PARA A REHABILITACIÓN DE LIÑARES.

- Os socialistas consideran que se debe aproveitar agora o tempo para buscar financiamento na Consellería de Cultura ou a Deputación de Pontevedra.

05/05/2009.-O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Manuel González Aller, sinalou hoxe que o goberno local acaba de malgastar unha nova oportunidade para acadar unha solución definitiva para a rehabilitación do Pazo de Liñares.

Para os socialistas que a proposta lalinense non estivera completamente definida “foi unha eiva que haberá que solucionar xa, pero estanse deixando pasar moitas oportunidades en balde e sabemos que dende o Ministerio de Cultura o proxecto contaría co apoio necesario”.

Aller tamén lembrou que “levamos tempo anunciando que a orde de axudas do 1% cultural deixa moi clariño no seu primeiro punto que o co-financiamento é a chave principal para conseguir o apoio ao proxecto”, polo que dende o Grupo Municipal Socialista instan a Crespo a “poñerse xa a buscar axudas noutras administracións como a Consellería de Cultura ou a Deputación de Pontevedra”, para lograr que o Concello de Lalín non teña que soportar altos custes na rehabilitación.

Os socialistas lembran que Liñares “por decisión do alcalde éstase caendo dende hai anos e custounos moitos cartos a todos” polo que consideran que o goberno local ten a “obriga de conseguir unha solución definitiva que se está a demorar demasiado”.

jueves 30 de abril de 2009

NOTA DE PRENSA

GONZÁLEZ ALLER SINALA QUE CRESPO ESTÁ EMPEZANDO A RECOÑECER OS SEUS FRACASOS COA REBAIXA PROGRAMÁTICA.

- Lamentan que o alcalde “fale e fale pero non remate nada bo para os lalinenses”
- Lembran que o alcalde está obviando o acordo plenario apoiado por unanimidade para levar a cabo o Centro de Alta Resolución.
- Consideran que é unha vergoña “o cambio de rumbo do alcalde “ en relación a peaxe da AP-53.
- Acusan ao alcalde lalinense de “enganar á xente con Plan Baby e copiar en parte a proposta socialista”.


Para os socialistas lalinenses as declaracións realizadas onte polo alcalde lalinense Xosé Crespo son “ao fin e ao cabo un recoñecemento dun fracaso estrepitoso nas súas políticas e agora ten que dar marcha atrás”. Segundo sinala o voceiro socialista o alcalde debería saber “que en democracia os programas son contratos cos veciños e parece que Crespo está disposto a incumprilo”.

Dende o Grupo Municipal Socialista cren que o fracaso de Crespo “é hoxe máis palpable que nunca” e lamentar ter un alcalde “que fala e fala sen parar, pero logo non é capaz de rematar nada”, poñendo como exemplos os grandes retrasos das maiores hipotecas que tivo nunca o Lalín: o novo e faraónico Concello e o Lalín Arena que a día de hoxe xa deberían estar acabados e funcionando.

Pero para os socialistas a confirmación do fracaso de Crespo faise máis preocupante ao revelar “á súa manifesta incapacidade para reconducir a situación, pois pretende que o seu traballo o faga un Director Xeral”. “Menos mal que o Estado apoiou ao noso Concello con 3,6 millóns de euros para obras, se non Crespo non tería nada que vender” sinala Aller que conclúe “que nos alegramos moito de que Zapatero sexa o mellor apoio orzamentario do alcalde”

Sanidade

González Aller tamén mostrou a súa inquietude polo que considera “unha falta de respecto do alcalde ao Pleno do Concello e sinala que hai poucos meses todos os concelleiros acordaron por unanimidade “solicitar a construción do CAR e agora o alcalde ven dicir que o que queren é facer un estudo de viabilidade do Hospital”.

O voceiro socialista lalinense considera que “o alcalde o único que pretende é dilatar os tempos e que non se faga nada na Sanidade lalinense como nos anteriores 16 anos do PP” e lémbralle que o “CAR está no Plan Funcional do CHUS, documento base para o desenvolvemento sanitario, e o que ten que facer o alcalde e tratar de que se cumpra sen dilacións”

AP-53

Para Aller se Crespo “faino rematadamente mal en Sanidade ,o xiro que está dando na peaxe da AP-53 xa é vergoñento”. O voceiro lalinense lembra que o PP instalou unhas pancartas pedindo a supresión e ademais aprobou mocións solicitando á Xunta de Galicia a súa rebaixa e agora “vemos con sorpresa que o alcalde so lle pide á Consellería de Política Territorial que rebaixe unha pequena porcentaxe aos usuarios frecuentes”.

Os socialistas queren lembrar que nestes días inaugurouse o tramo completo ata Ourense “é hai quedan claras as dúas posicións políticas: nun caso facer autoestradas sen peaxes, pola contra o PP facer peaxes abusivas”

Plan Baby Lalín

Para os concelleiros socialistas de Lalín o asunto do Plan Baby “xa é o colmo do engano aos lalinenses”. Aller lembra como na campaña electoral o PP prometera 2500 euros por cada neno que nacera na nosa vila como axuda as familias e agora asistimos a un retraso continuado da medida “primeiro anunciárono para 2008, logo 2009, agora 2010...e o peor é que non serán axudas para todas as familias pois xa antes de empezar a dalas as están recortando”.

O único positivo que ven os socialistas neste tema é que “o alcalde copia e colle a nosa proposta que consistía en que as axudas foran vales para mercar no comercio local”. Os socialistas volverán a pedirlle ao PP que “se non poden cumprir a medida de golpe que o fagan progresivamente e que empecen neste ano 2009 para ir aumentando nos vindeiros exercicios.”

lunes 27 de abril de 2009

NOTA DE PRENSA




A DELEGACIÓN SOCIALISTA DO DEZA NO CONGRESO NACIONAL GALEGO ILUSIONADA CO NOVO TEMPO QUE SE ABRE NO PSdeG-PSOE.

- O PSdeG-PSOE da comarca subliña a entrada de Pablo García como Secretario de Organización.
- A representación comarcal apoiou sen fisuras ao novo Sº Xeral Manuel “Pachi” Vázquez.


A Delegación socialista da Comarca do Deza no Congreso Nacional extraordinario do PSdeG-PSOE ,encabezada polo sº Xeral de Lalín José Antonio González Ferradás ,ven de mostrar a súa satisfacción ante o novo tempo que se abre para os socialistas galegos.

Para os socialistas do Deza o Congreso de Pontevedra foi o do progreso da comarca nas estruturas do PSdeG-PSOE xa que o novo Sº de Organización será o silledense Pablo García, anterior responsable de Organización de Unións Agrarias. Lembran os socialistas do Deza que nunca antes se tivera representación da comarca na Executiva Nacional do PSdeG-PSOE e que desta ocasión éntrase cun cargo de moi alta representación na vida orgánica do partido.

Para a representación dezana a entrada do sindicalista de Laro supón un reforzo do compromiso polo reequilibrio territorial do PSdeG-PSOE e a aposta polo traballo dende a base contando con toda a militancia.

Os socialistas da comarca tamén sinalan que todos os delegados da comarca apoiaron sen fisuras ao novo sº Xeral , Manuel “Pachi” Vázquez e a Executiva Nacional proposta polo novo líder do PSdeG-PSOE galego. A Delegación do deza resalta as coincidencias no modelo de partido que propón o líder de Carballiño e a súa aposta socialdemócrata e galeguista.

Finalmente na última xornada do Congreso , no tempo do debate político, a alcaldesa de Silleda valorou o traballo realizado polas diferentes agrupacións da comarca, a satisfacción pola aposta por Pablo García na Organización e a importancia da renovación feita neste Congreso e o traballo dende a base como garantía de éxito. Tamén a alcaldesa silledense lembrou que en breve haberá un segundo alcaldía socialista no Deza con Xosé Vence como novo primeiro edil de Rodeiro.

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE O RECINTO FEIRAL DE FEIRADEZA.


O grande déficit de instalacións que presenta o Concello de Lalín en infraestruturas para albergar a Feiradeza é evidente tras a perda da nave onde se construirá o Lalín Arena.

En abril do ano pasado o concelleiro Manuel Fernández aseguraba, palabras textuais, que “o Lalín Arena fora concibido non só para acoller actividades deportivas, senón tamén para dotar ao noso concello dun lugar idóneo no que celebrar todo tipo de feiras e certames”, e mesmo chegou a manifestar que Feiradeza recibirá un púo importante co traslado ao Lalín Arena acusándonos aos socialistas de vivir apartados da realidade do noso pobo.

Cando en marzo do ano pasado os socialistas solicitamos ao Concello unhas instalacións dignas para a celebración da feira, propoñendo a renovación total da nave vella, retirando de alí a grúa municipal e Protección Civil para gañar espazo ou ben que se buscarse un novo emprazamento noutros terreos para facer unha nova nave. Mentres o Sr. Fernández aseguraba en declaración públicas que a Feiradeza deste ano tería lugar nas instalacións do Lalín Arena. Unha idea totalmente desatinada e que só podía responder a falta dunha solución seria e de dispoñibilidade de recursos do Concello, como así se demostrou ao descartarse a construción dunha nova nave.

Unha vez máis o tempo danos a razón aos socialistas, por moito que o Sr. Fernández insista en que chegamos tarde.

A falta de credibilidade do concelleiro de Actividade e Produción Agraria, (que hoxe di unha cousa e mañá outra), fai que presentemos esta moción coa finalidade de que se adquira un compromiso serio por parte do concello para dar cumprimento ao acordo acadado co comité organizador da feira, de que o certame de Feiradeza non sairá da súa localización do actual recinto feiral e de que se levará a cabo a reforma da nave vella axeitándoa ás condicións que reclaman os gandeiros (bos accesos e servizos para a carga e descarga de animais, separación das zonas de lavado e ordeño, espazo administrativo axeitado, reforma das cubertas, etc).

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE O ANO DA ASTROMIA.




Coincidindo co 400 aniversario das primeiras observacións astronómicas realizadas con telescopio por Galileo Galilei, o ano 2009 foi declarado Ano Internacional da Astronomía (AIA 2009).

O ano Internacional da Astronomía constitúe unha celebración global da contribucións da astronomía á sociedade e a cultura. Entre os seus obxectivos principais encóntrase estimular en todo o mundo, non só o interese pola astronomía, senón o da ciencia en xeral, especialmente entre a xente nova.

Para o Grupo Municipal Socialista, Lalín pode ser considerado berce da Astronomía galega moderna ao contar con Ramón María Aller Ulloa como fillo adoptivo e ter un dos primeiros observatorios astronómicos de Galicia, aínda en pé, polo que debe ser o referente da comunidade en canto a actividades se refire.

Dende o Grupo Socialista propuxemos diversas actividades que van dende o educativo ao lúdico en consonancia coas liñas propostas pola Unesco e o CSIC para España. Entre elas destacan a posibilidade de que os centros educativos de Lalín traballen en rede para, en colaboración con outros de toda España, facer unha medición do radio da Terra, programas de iniciación de avistamento do espazo a simple vista para todos os públicos, reunións públicas con aparataxe para a observacións de efemérides astronómicas (eclipses, conxunción de planetas,etc), concursos de Astrofotografía para afeccionados, etc.

É como unha das actividades centrais os socialistas propoñemos o apagamento do alumeado publico durante unha hora na madrugada do 12 de agosto, en todos os Concellos da comarca do Deza, para poder observar en óptimas condicións as Perseidas (bágoas de San Lourenzo).

NOTA DE PRENSA


OS SOCIALISTAS LALINENSES CONFÍAN EN QUE CRESPO NON RENUNCIE AO INVESTIMENTO DO ESTADO NO PAZO DE LIÑARES.

- Aller sinala que Crespo sabe dende o inicio do proceso que “hai que buscar máis fontes de financiamento”.


O PSdeG-PSOE confía en que o alcalde de Lalín , Xosé Crespo , non deixe escapar o investimento para o Pazo de Liñares solicitado aos fondos do “un por cento cultural” pola construción do TAV”.

O voceiro socialista Manuel González Aller sinala que esta vía sempre foi a defendida polo alcalde e contou co apoio firme do PSdeG-PSOE de Lalín para tratar de recuperar o Pazo que mercou o Concello e que leva xa 7 anos en estado de abandono. Para o concelleiro socialista “trátase dunha oportunidade única pois o Pazo foi comprado por case 700.000 euros no 2002 e polo de agora son cartos tirados”.

Ante a posibilidade de que Crespo renuncie as axudas estatais pola necesidade de co-financiamento, os socialistas lembran que “Crespo xa sabía que tiña que co-financiar, pois a orde ministerial é moi clara”. Así os socialistas sinalan que en dita orde figura como principal punto a valorar para a consecución do investimento o compromiso de cooperación económica doutras institucións posto que Fomento non pode superar en ningún caso o 75% do total.

Aller sinala que “xa advertimos en moitas ocasións que hai que buscar financiamento aparte de Fomento e do propio Concello e consideramos que outras institución como a Consellería de Cultura ou a Deputación deberían implicarse”.

Finalmente os socialistas lembran que dende o Ministerio de Cultura xa se confirmou o apoio ao proxecto lalinense cun serio traballo do PSOE local ao que se comprometerán co alcalde, polo que agora so falta que Crespo cumpra o seu cometido de negociación con Fomento.

viernes 17 de abril de 2009

NOTA DE PRENSA



OS SOCIALISTAS LALINENSES RECLÁMANLLE A CRESPO QUE PROPOÑA XA UN MODELO DE VILA.

- Para o PSdeG-PSOE local as dúbidas de Crespo en canto a Rúa Colón son un sinal da indefinición do alcalde.
- Critican que tras case 20 anos o alcalde non saiba o que quere para Lalín.


Os socialistas lalinenses vanlle reclamar a Crespo que defina xa cal é o modelo de cidade que propón pois parece ben claro que o alcalde lalinense non o ten definido despois de tantos anos no cargo.

Para Aller e Donsión as dúbidas de Crespo sobre a reapertura ou non da Rúa Colón significan que dende o PP “non teñen nin idea de que modelo de vila queren e o alcalde so se move segundo quen o presione ou por intereses electorais”. Os socialistas sinalan que a vila de Lalín “non so precisa un Plan de Tráfico logo de anos e anos esperando por él se non que se necesita que vaia definindo todo un modelo de planificación da vila”.

Para o PSOE de Lalín compre esta definición de modelo que debe ser consultado cos cidadáns para clarificar que tipo de casco urbano se quere no futuro e para que os comerciantes poidan definir cal é a mellor estratexia de mercado para os seus negocios.

Os socialistas que volven remarcar que consideran que a Rúa Colón debe quedar como está “porque así se acordora entre todos os interesados xa que en ningúnha cidade as zonas peatonais involucionan e porque non é tempo de tirar cos cartos xa investidos hai poucos anos como pretende o alcalde”, entenden ademais que o que non pode facer un alcalde é confundir a cidadanía ademais de enfrontala como está a pasar, e debe ser el mesmo quen tome as responsabilidade da decisión pois para iso foi elixido.

NOTA DE PRENSA

O PSdeG-PSOE DE LALÍN CONSIDERA UNHA VERGOÑA QUE CRESPO AMEACE E MINTA AOS VECIÑOS DE CIDADE XARDÍN.

- Sinalan que o alcalde fala “como se os cartos foran seus” cando se van facer obras para os veciños.
- Tachan de impresentable e chea de falsidade a frase “levar á pasta a outro sitio”

Os socialistas lalinenses tachan de “incrible” que o alcalde de Lalín Xosé Crespo se dedique a ameazar aos veciños de Cidade Xardín en relación á súa contribución para o desenvolvemento das obras de humanización da zona, cando a obriga do Concello e solucionar problemas dos veciños e non insultalos . Dende o PSOE lalinense considérase que ese non é xeito de tratar aos veciños “de ningún lado” e menos tratándoos coma “pufeiros” dicindo que “os vai embargar” antes incluso de empezar a obra.

Para os socialista a actitude de Crespo demostra a “súa habitual prepotencia” pero lémbranlle ao rexedor e ao seu acompañante Román Rodríguez que por moi “alcalde e deputado que sexa un” non se lle debe faltar nunca ao respecto aos veciños.

Manuel González Aller sinala “que non sae do seu asombro ao ver que Crespo pensa que os cartos das obras son seus” cando se trata “de cartos de cidadáns que pagan impostos como todos “.

O voceiro socialista tamén tacha de impresentable que o alcalde diga “que esa pasta a podía meter noutro sitio”, e reluza a súa tradicional condición caciquil tratando de “vender como favores dereitos de todas e todos os lalinenses, e os veciños de Cidade Xardín o son”.

Finalmente dende o PSdeG-PSOE quérenlle lembrar a Crespo que os cartos desa obra “nin tal siquera saen do peto dos presupostos lalinenses” se non que se trata dunha obra do plan estatal de inversión para os concellos e que non lle minta aos veciños xa que unha vez solicitada e comprometida a obra “o que ten que facer o Concello e levala a cabo”, se non perdería os cartos solicitados xa que non existe posibilidade de sustitución dado a urxencia e os prazos do plan.

martes 7 de abril de 2009

NOTA DE PRENSA




NOTA DE PRENSA



O PSdeG-PSOE DE LALÍN ANUNCIA QUE O MINISTERIO DE CULTURA INFORMÓ POSITIVAMENTE SOBRE O PROXECTO DE LIÑARES.

- González Aller adianta que tras a Semana Santa reunirase a comisión mixta que decidirá se hai inversións para o Pazo.

O PSdeG-PSOE de Lalín anunciou hoxe que o Ministerio de Cultura dera o visto bo ao proxecto lalinense para a restauración do Pazo de Liñares, polo que foi avaliado positivamente e será apoiado por este Ministerio na comisión mixta.

González Aller sinalou que lle foi anunciado que a comisión mixta que se compón do Ministerio de Cultura e representantes de Fomento reunirase tras a Semana Santa e unha das propostas a valorar será a do Pazo de Liñares. Hai que lembrar que esta restauración opta ao 1% Cultural, inversión que se fai nos treitos do TAV con esa porcentaxe da inversión total.

Os socialistas confían que con este apoio fundamental poida sair cara adiante este importante proxecto cultural para Lalín. Aller sinalaba que “esperamos que dende o Concello se fixera todo os trámites correctos para que saia adiante, a nosa parte de compromiso vaise cumprindo”.

Dende o PSdeG-PSOE se sinala o apoio que está tendo o goberno municipal neste tema e consideran que foi imprescindible “para que Lalín non levara a carga de ter en propiedade un importante monumento histórico cada vez máis ruinoso”.

Os socialistas lembran que foi na visita do Ministro de Cultura César Antonio Molina polo centenario de Laxeiro cando se lle presentou o proxecto socialista do “Museo dos Pazos de Galicia” e daquela xa foi acollido con interese polo dirixente socialista que agora lle concede o seu respaldo.